The Doors
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Doors | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | |
País | Estados Unidos |
Período | |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial |
The Doors foi unha banda de rock estadounidense dos anos 60. A súa historia xirou sobre a figura do seu vocalista Jim Morrison.
[editar] Biografía
Jim Morrison naceu o 8 de decembro de 1943 en Florida. Dende pequeno, a Jim gustáballe ler libros de autores como Kafka e Nietzsche. Un acontecemento marcou a súa infancia: nunha viaxe coa familia pasaron ao lado dun coche accidentado, e segundo Jim víu o espírito dun vello indio. Reza a lenda que o indio acompañou a Morrison durante toda a súa vida.
Despois de estudar psicoloxía en Florida, decidiu matricularse na faculdade de cine da UCLA, en Los Angeles, onde coñeceu a Ray Manzarek. Manzarek era un teclista de formación clásica con bastante experiencia en bandas de jazz. Jim descubríu con el a súa paixón polo blues e o jazz, e decidíu amosarlle algunhas das súas poesías. Bastante impresionado, Ray formar con Morrison unha nova banda. O nome, escollido por Jim, ven dun verso do poeta inglés William Blake: "Cando as portas da concepción sexan abertas, o home verá as cousas como elas realmente son: infinitas". O dúo coñeceu ao baterista John Densmore nunha conferencia do gurú hindú Maharishi Maheshi Yogi. Densmore xa tocaba noutras bandas, pero sentíu neles algo diferente, e decidíu xuntarse a The Doors.
Facendo unha combinación de piano , batería e poesía, conseguiron un contrato coa Columbia, grazas a Billy James, que xa contratara a The Byrds. James púxolles unha condición: deberían contratar un guitarrista. Aí entra en escena Robbie Krieger, amigo de Densmore nas meditacións transcendentais. Robbie fora rexeitado por outras bandas polo seu estilo de jazz e flamenco. Pero foi xustamente este ecletismo o que o fixo entrar en The Doors.
1965 pasou e nada foi gravado. Perderon o contrato coa Columbia e comezaron a tocar por California. A transformación nos escebarios era evidente: Jim deixaba de ser tímido e fráxil para converterse nun performer visceral, sensual e incendiario, creando a eterna fama de sex-symbol, a pesares de que el quería ser visto como un artista serio. Arthur Lee, da banda Love, apaixonouse do son de The Doors e levounos á discográfica Elektra, que contratou a Paul Rotchild para producilos. A finais de 1966 The Doors iniciaron unha serie de presentacións no lendario bar Whisky A Go-Go, provocando un impacto enorme nos grandes medios. Rotchild aproveitou o momento e levounos para o estudio, onde rexistraron as cancións do primeiro disco en seis día. Unha semana máis para as mesturas e a elección dos temas e o LP, The Doors, estaba listo.
[editar] Discografía
- The Doors - 1967 (Elektra)
- Strange Days 1967 (Elektra)
- Waiting For The Sun 1968 (Elektra)
- The Soft Parade 1969 (Elektra)
- Morrison Hotel 1970 (Elektra)
- Absolutely Live 1970 (Elektra)
- LA Woman 1971 (Elektra)
- Others Voices 1971 (Elektra)
- Full Circle 1972 (Elektra)
- An American Prayer 1978 (Elektra)