Tautosilabismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dise do fenómeno que acontece cando varios fonemas ou sons se pronuncian na mesma sílaba. Para que haxa tautosilabismo, as dúas ou máis unidades fónicas non deben estar separadas por marxe silábica. O tautosilabismo pode darse como combinación entre varias unidades:
- entre dúas consoantes: v. grupo consonántico;
- entre consoante e vogal: é a sílaba normal en galego, e a vogal resulta ser o núcleo da sílaba
- entre dúas vogais: unha delas será núcleo silábico e a outra será semivogal (v. ditongo);