Substantivación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gramática
|
CLASES DE |
PALABRAS |
Substantivo |
Adxectivo |
Persoal |
Determinante |
|
Relativo |
Verbo |
Adverbio |
Preposición |
Conxunción |
Interxección |
A substantivación é un tipo de transposición consistente no paso dun vocábulo específico, frecuentemente adxectivo, nun acto de fala concreto, á clase de palabra substantivo por estar desenvovendo a función sintáctica de núcleo do sintagma nominal.
Hai substantivación, entre outras moitas posibilidades, nos seguintes casos:
- Un adxectivo substantivado con función nuclear no sintagma nominal suxeito: O innovador parece atractivo.
- Un adxectivo substantivado con función nuclear no sintagma nominal de complemento directo: Degoro as feixoas.
- Un adverbio substantivado que fai a función de suxeito: O si das raparigas.
- Unha oración substantivada que fai a función de complemento indirecto: Voulle entregar doces a tódolos nenos que teñan as mans limpas.
- Unha oración substantivada que fai a función de suxeito: Tódolos nenos que teñan as mans limpascollan cadansúa torta.