Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Soutelo de Montes é o segundo lugar en importancia do concello de Forcarei.
Índice |
[editar] Historia
No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada, tendo os xuíces-meriños que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até que as xurisdicións especiais foron abolidas en 1811.
Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes, coas freguesías de A Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras. En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
[editar] Persoeiros
- Avelino Cachafeiro, "o Gaiteiro de Soutelo", gaiteiro de sona
- Chano Piñeiro, cineasta, autor entre otras de Sempre Xonxa
[editar] Festas e celebracións
- Festa do cogumelo
- Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, a finais de agosto desde 1973