Soneto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Subxénero da lírica consistente nunha composición poética de catorce versos hendecasílabos, dispostos en dous cuartetos e dous tercetos.
A estructura do soneto persegue descubri-los sentidos, distribuí-las emocións, ideas ou sentimentos. O soneto é un bo exemplo, quizais o molde máis perfecto debido as súas enormes posibilidades:
-Pode presenta-la trama argumental nos dous cuartetos e facer unha ruptura no primeiro terceto que se explicita no segundo.
-O primeiro cuarteto e o segundo terceto en circularidade abranguen o resto.
-O segundo terceto pode presenta-la ruptura a modo de epigrama.
-Pode haber separación en catro bloques.