Sofistas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sofística era orixinalmente o termo dado ás técnicas ensinadas por un grupo altamente respectado de profesores retóricos na Grecia antiga. O uso moderno da palabra, que suxire un argumento inválido composto de raciocinio especioso, non é necesariamente o representante das convicións dos sofistas orixinais, a non ser daqueles que xeralmente ensinaron retórica. Os sofistas só son coñecidos hoxe polos escritos dos seus opoñentes (máis especificamente, Platón e Aristóteles) que dificulta formular unha visión completa das convicións dos sofistas.
Os sofistas son os primeiros en romperen coa busca presocrática dunha unidade orixinaria (a physis) iniciada con Tales de Mileto e finalizada con Demócrito de Abdera (que aínda que falecerá pouco tempo despois de Sócrates, ten o seu pensamento inserido dentro da filosofía presocrática).
A principal doutrina sofística consiste nunha visión relativa do mundo (o que os contrapón a Sócrates, quen, sen negar a existencia de cousas relativas, buscaba verdades universais e necesarias). A principal doutrina sofística pode ser expresada pola máxima de Protágoras: O home é a medida de todas as cousas.
Tal máxima expresa o sentido de que non é o ser humano quen ten que se acomodar a padróns externos a si mesmo, que sexan impostos por algo que non sexa o propio ser humano, é o propio ser humano quen debe acomodarse segundo a súa liberdade.
Outro sofista famoso foi Gorxias de Leontinos, que afirmaba que o 'ser' non existía. Segundo Gorxias, mesmo que se admitise que o 'ser' existise, é imposible captalo. Aínda que iso fose posible, non sería posible enuncialo de modo verdadeiro e, polo tanto, sería sempre imposible calquera coñecemento sobre o 'ser'.
Estas visións, que contrastan coa de Sócrates (que foi adoptada tamén por Platón e Aristóteles, así como a súa "loita" antisofista), sumado ao feito de seren estranxeiros - o que lles confería un menor grao de credibilidade entre os atenienses -, contribuíron a que o seu pensamento fose infravalorado ata tempos recentes.