Significante
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En semiótica e en lingüística, o significante é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico
Índice |
[editar] A forma e a substancia do plano da expresión
[editar] Estruturalismo
O primeiro en profundar no concepto de signo lingüístico foi Ferdinand de Seaussure, quen indicou que o que o signo lingüístico une non é unha cousa e un nome, senón un concepto (significado) e unha imaxe acústica (significante). O signo é unha entidade psíquica de dúas caras que presenta estes dous elementos intimamente unidos. No seu Curso de lingüística xeral, traduciu os termos utilizados con anterioridade polos pensadores do século XIX: Sinn (significante) e Bedeutung (significado).
Non se trata de entidades separadas, senón dunha relación que vai desde diferenzas significantes en son a potenciais denotacións diferenciais. Non se deben tomar os significantes como algo que se pode pronunciar frente aos significados como cousas no mundo.
[editar] Glosemática
Na teoría da glosemática, elaborada por Hjemslev pártese de dúas afirmacións saussurianas:
-
-
-
- A lingua non é substancia, senón forma.
- Toda lingua é á vez expresión e contido.
-
-
Hjemslev desenvolveu a teoría do signo de Seaussure, denominando ó nivel dos significantes plano da expresión e ó nivel dos significados plano do contido, e recoñecendo en cada un deles unha forma e unha substancia.
No plano da expresión, Hjemslev denomina substancia da expresión ó material fónico bruto do que se ocupa a fonética. A forma da expresión é, polo tanto o sistema fonolóxico en que se diferencian unidades pertinentes ou fonemas.