Sexenio Democrático
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese como Sexenio Democrático (ou Revolucionario) ao período da Historia de España transcorrido dende o trunfo da Revolución de 1868 até o pronunciamento de decembro de 1874 que supuxo o inicio da Restauración Borbónica.
Na actividade política destes anos diferénzanse catro bloques políticos (unionistas, progresistas, demócratas e republicanos),
O proceso político dos seis anos de crise revolucionaria pódese dividir en tres etapas:
- Monarquía constitucional
- República federal
- República unitaria e presidencialista
Despois destas etapas a situación política desembocaría na Restauración Borbónica.
Índice |
[editar] Revolución de 1868
Causas da revolución. Nesta época, España vive unha crise económica e política nos últimos anos do período isabelino. As graves crises económica, financeira, agraria e industrial de 1866, súmaselle o grave deterioro do sistema político.
- a) Crise financeira esta crise surxe cando a baixa rentabilidade do ferrocarril provoca a banca rota de moitos bancos e empresas. Por outra parte o endevedamento do estado obrigou a aumentar a presión fiscal.
- b) Crise agraria a seca e as nefastas colleitas provocan a falta de alimeto entre a poboación.
- c) Crise industrial o afundimeto da industria téxtil de Cataluña foi dado pola subida do prezo do algodón de Estados Unidos. Tamén influiu o descenso da demanda téxtil.
- d) Crise política ben dada polo deterioro do sistema político isabelino, que se debe a uns gobernos en mans de políticos moderados, acusados de corrupción, despotismo e inmoralidade. Foron incapaces de solucionar os problemas de España e aceptar a alternativa ao poder dos progresistas.
Na crise tamén influíu a impopularidade da raíña Isabel II de España que se rodeaba por personaxes pintorescos (o seu confesor o pai Claret, sor Patrocinio, monxa milagreira con chagas ou estigmas, e amigos do rei consorte Francisco de Asís de Borbón.
Dende 1866 os progresistas e a maioría dos moderados formaron o Pacto de Ostende contra a raíña Isabel. A estes políticos uníronse os demócratas e os unionistas (encabezados por Serrano tras a morte de O'Donell).
Con esta situación estalou a revolución de 1868 o A Gloriosa, un pronunciamento militar dirixido por Topete, Prim e Serrano, ao grito de "España con honra". Estes sublévanse contra a raíña o 19 de setembro. Nas cidades as xuntas revolucionarias asumen o poder. A revolución exténdese rápidamente. Cando as tropas isabelinas son derrotadas na batalla de Alcolea, o goberno dimite a Isabel II que abandona España marchando a Francia (29 de setembro de 1868).
[editar] A monarquía constitucional (1871 - 1873)
Amadeo I ocupou o trono de España dende xaneiro de 1871 até febreiro de 1873. Nestes anos tivo que enfrontarse a graves problemas dende a súa coronación. O primeiro destes graves problemas foi o asasinato de Juán Prim o 27 de decembro de 1870. A desaparción deste facilitou a desunión da coalición gubernamental de unionistas, demócratas e progresistas.
A inestabilidade entre os partidos políticos gobernantes, púxose de manifesto nas eleccións xerais e nos seis gobernos que houbo durante este corto período de tempo. Ademáis, existía unha oposición ao réxime de Amadeo por parte dos carlistas, que se levantaron en armas no ano 1872, os alfonsinos, partidarios de que o fillo de Isabel II, Alfonso (Alfonso XII), fora rei. Tamén os republicanos, protagonizaron sucesos armados en Andalucía e Cataluña, nas que se mezclaron reivindicacións como o reparto das terras, e onde se manifestou a falta de apoio ao rei que tiña o nome de Macarronini I.
Con esta situación , Amadeo I deixa o seu cargo e proclámase a Primeira República Española (11 de febreiro de 1873).
[editar] A Primeira República Española (1873 - 1874)
[editar] República federal (1873)
A república española nace sen apoio político e social. Os partidos republicanos carecen de seguidores. As clases populares comezan a inclinarse polos movementos obreiros. Os poderes fáticos (Igrexa, exército, banqueiros, etc.) eran contrarios á república
O primeiro presidente da república foi Estanislao Figueras e tras a victoria republicana nas eleccións, a maioría federalista entregou o poder a Francisco Pi i Margall que puxo en marcha o proxecto da Constitución federal de 1873. Ésta constitución establecía a separación entre Estado e Igrexa e un modelo de España a partires dunha federación de 15 (ou 17 con Cuba e Porto Rico). Os estados federales serían: Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Castilla la Nueva (Castela e León), Castilla la Vieja (Castela a Mancha), Cataluña, Estremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Valencia, Rexóns Vascongadas (País Vasco). A estes estado engádenselle: Filipinas, Fernando Poo, Annobón (sito no Golfo de Guinea) e Corisco.
España vivía unha situación de permanente conflitividade social e política. As tensións sociais manifestábanse en forma de folgas obreiras, ocupación das terras obreiras e o cantonalismo. Tamén había conflitos militares que obstaculizaban a convivencia: Insurrección de Cuba e a Segunda Guerra Carlista (1872).
-
- O Cantonalismo coa saída do goberno de Pi i Maragall, (substituído por Nicolás Salmerón) na presidencia da república deu un xiro conservador. Numerosas poboacións de Valencia, Murcia e Andalicía, declaráronse cantóns independentes. Moitos destes cantóns, declararon a guerra ao Estado central. Estas insureccións foron reducidas con gran dureza polo goberno central.
Salmerón dimitiu cando se negou a firmar dúas condeas a morte ditadas para presos culpables de insurrección cantonal. Para suplir a dimisón de Salmerón, as Cortes escolleron a Castellar. Éste suspendeu as garantías constitucionais e gobernou por decreto.
-
- A Guerra de Cuba (1868 - 1878) Os cubanos pasaron das peticións de autonomía a pedir a independencia. Os cubanos co apoio dos Estados Unidos, non aceptaban o réxime político de España nesta illa.
-
- Terceira Guerra Carlista (1872 - 1876). O pretendente ao trono, Carlos VII, neto de Carlos María Isidro (V na sucesión da liña carlista) devolveu os foros retirados por Felipe V a os antigos reinos forais. Carlos mobilizou un exército de 45.000 homes que lle permitiu formar goberno en Estella (Navarra). Ésta guerra comezara meses antes da instauración da I república. A insurrección tivo éxito en Cataluña, Navarra e País Vasco e noutros puntos illados do resto de España. Pero o estado carlista necesitaba ocupar unha cidade importante para formar un estado sólido. A cidade elexida foi Bilbao, que foi rodeada polo exército. Pero esta cidade resistiu até a chegada das tropas alfonsinas. A derrota dos carlistas prodúxose en 1876, unha vez se restaurou a monarquía liberal de Alfonso XII. As vitorias alfonsinas prodúcense até tomar Estrella o 16 de febreiro de 1876 polas tropas dirixidas polo xeral Miguel Primo de Rivera.
Carlos VII retírase a Francia e pon fin a guerra carlista. As consecuencias da derrota carlista centrouse na supresión do foros vascos, creando un movemento que nacería pouco despois, o Nacionalismo Vasco.
[editar] República Presidencialista, 3 de xaneiro - 29 de decembro de 1874
Os poderes de Castelar remataron en xaneiro de 1874. A maioría parlamentaria dirixida por Pi i Maragall, estaba disposta a substituir a Castelar e voltar aos principios federais.
Nembargantes, a burguesía confiou ao exército a imposición dun réxime de orde. O 3 de xaneiro, o xeral Pavía, capitán xeral de Madrid deu un Golpe de Estado. Ao mando dun grupo de Gardas Civís ocupou o Parlamento e disolveu as Cortes. O goberno quedou presideido polo xeral Serrano.
O novo presidente comezou a reestablecer a orde pública: suspendeu a Constitución de 1869, proibiu a Internacional obrera, limitou o dereito de asociación, fechou lugares de reunión política e varias revistas de prensa republicana.
Nesta situación, Antonio Cánovas del Castillo prepara a restauración borbónica. Éste consegue a abdicación de Isabel II sobre o seu fillo Alfonso, e da a coñecer o Manifesto de Sandhurst no que Alfonso promete un réxime constitucional en España.
[editar] Restauración borbónica, 29 de decembro de 1874
- Véxase o artigo principal Restauración Borbónica
Os acontecementos precipitanse. Un pronunciamento militar do xeneral Arsenio Martínez-Campos Antón en Sagunto proclama rei de España a Alfonso XII o 29 de decembro de 1874.