Retrato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] A descrición de persoas
O retrato é a descrición dunha persoa, tanto nos seus aspectos físicos como psicolóxicos. Se só se atende ós aspectos físicos denomínase prosopografía e se se fai unicamente referencia ás súas calidades morais etopeia.
No retrato tradicional os escritores, partindo da perspectiva clásica, seguían o esquema cabeza → tronco → extremidades.
Así e todo, o máis frecuente é encontrar o retrato dunha persoa en que se aluda tanto ós trazos físicos coma psicolóxicos (forma de pensar, preocupacións, carácter,...).
O escritor manifesta, ás veces, o seu punto de vista sobre o personaxe que describe e incluso pode deformalo e ridiculizalo ata chegar á caricatura.