Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Restauración borbónica en España - Wikipedia

Restauración borbónica en España

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Historia de España
Restauración borbónica en España
Reinado de Alfonso XII
Reinado de Alfonso XIII
Guerra Hispano-Americana
• Rexeneracionismo
Ditadura de Primo de Rivera

Coñécese como Restauración Borbónica ao período que abarca dende o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en 1874 e que dá fin á Primeira República española e a proclamación da Segunda República española o 14 de abril de 1931. Este período caracterízase por unha forte inestabilidade institucional, a conformación dun modelo liberal do Estado e a incorporación dos novos movementos sociais e políticos, froito da Revolución Industrial, que comeza a súa decadencia coa ditadura de Miguel Primo de Rivera en 1923.

O alzamento de Martínez Campos en 1874 restablece a dinastía borbónica no fillo de Isabel II, Alfonso XII.

Índice

[editar] Inicio da restauración

Alfonso XII atopábase no exilio en Gran Bretaña tras o fracaso da I República, e Cánovas del Castillo dende o Partido Liberal-Conservador contacta con el para restaurar a monarquía en España. Cánovas faille promesas á clase política de que se tratará da superación da República, pero tamén os modos e maneiras do reinado de Isabel II. Convencido xa o Rei (futuro rei), proclama o Manifesto de Sandhurst o 1 de decembro de 1874 no que comunica que moitos son os que se puxeron en contacto con é para establecer unha monarquía constitucional, considera orfa á nación e considerase lexíimo herdeiro do trono por abdicación da súa nai, poñendose a disposición dos españois.

O sistema político que se estableceu dende ese momento, era bipartidista, entre o Partido Liberal-Conservador liderado por Antonio Cánovas del Castillo e o Partido Liberal-Fusionista que liderou Práxedes Mateo Sagasta. Esto permitiu superar o sistema de unipartidismo que producira unha falta de lexitimidade ao reinado de Isabel II e que provocara a sua saída do goberno. Este novo panorama permitirá unha maior estabildade, pero aumentaría a complexidade do sistema á larga, cunha alternancia política fiticia, causará graves problemas que desembocarán na corrupción, a base da cal estaba no denominado caciquismo.

[editar] O Desastre de 1898

A lexitimidade do novo réxime estaba establecida na Constitución Española de 1876, que conforma o novo modelo de Estado con poder lexislativo dividido en dúas cámaras: Congreso dos Deputados e Senado, con un sufraxio censitario para elixir un Congreso e un Senado nomeado polo Rei, e onde o monarca conserva doa parte das funcións de Xefe de Estado e do poder executivo

Antonio Cánovas del Castillo é o artífice do proceso, que segue as liñas marcadas anos antes no seu exilio en Gran Bretaña Alfonso XII e permite o fin da Guerra Carlista.

Disolta a República, os chamados "partidos dinásticos", conservadores e liberais, encabezados por Cánovas e Práxedes Mateo Sagasta alternaranse no poder.

A morte de Alfonso XII, deu paso á rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, período que se inicia co goberno de Sagasta caracterizado pola aprobación da Lei de Asociacions, a liberdade de prensa, a extensión do sufraxio universal (soamente aos homes) 1892, e a cración da institución do Xurado, entre outros avances. A nova regulación permite a aparición de outro partido político en escena, o Partido Republicano de España, que terá grande influencia no futuro. Comeza en este partido a aparición do anarquismo e do socialismo através do PSOE (fundado en 1879) cos primeiros movementos obreiros que surxen da revolución industrial.

[editar] Desenvolvemento económico

A emigración a América, e o escaso crecemento en poboación (en 1900 España conta con 18,5 millóns de habitantes) e as situacións de fame e epidemias, produxeron unha desigualdade crecente en España e o resto dos países europeos.

O 79% da poboación española estaba destinada á agricultura de baixo rendemento e na manufactura de produtos agrícolas. O sistema de proteccionismo, impediu a modernización do sector, vendose imposibilitado a competir adecuadamente. O latifundismo condiacionaba a vida dos campesiños de grandes zonas da península, sobre todo en Andalucía e Estremadura. Soamente algúns sectores (viño, aceite, etc.) comezan a funcionar con exportacións pouco significativas a Europa.

O desenrolo da industria e das comunicacións é escaso. Mentras que Europa vive a Revolución Industrial, soamente Cataluña (ferrocarril e industria téxtil), zonas do País Vasco (siderurxia) e as explotacións de minería en Andalucía (ferro, cobre e chumbo) e en Asturias (carbón) avanzan no camiño do progreso. Esto acentuará a desigualdade rexional.

En 1888 celébrase en Barcelona a Exposición Universal.

[editar] Unha sociedade cambiante

A Restauración leva consigo unha profunda centralizaión administrativa e legal. Os nacionalismos catalán e vasco non tardan en reaccionar. O primeiro unido á súa revolución burguesae a identidade cultural; o segundo, que perdera os Foros tras as Guerras Carlistas, buscaba definir o seu futuro. Aparece o Partido Nacionalista Vasco, a Lliga Regionalista e a Unió Catalanista

 Antonio García Quejido, un dos fundadores da  Unión Xeral de Traballadores xunto a Pablo Iglesias
Agrandado
Antonio García Quejido, un dos fundadores da Unión Xeral de Traballadores xunto a Pablo Iglesias

O movemento obreiro agrúpase entorno ao PSOE que apoia unha loita pacífica e a participación electoral, a UXT (1888) e o anarquismo na Federación de Traballadores da Rexión Española

A monarquía cuestiona estos movementos cunha forte represión, cunha forza especial contra o anarquismo. O territorio de moitos destos enfrontamentos, será Cataluña, onde en 1897 un anarquista asasinará a Cánovas.

A Igrexa evoluciona dende a primeira posición de intransixencia para lograr a conciliación. Na Constitución española de 1876 plantéase un duro conflito en relación á aplicación do artigo 11:

«A relixión Católica, Apostólica, Romana, é a do Estado. A Nación obrígase a manter o culto e os seus ministros. Ninguén será molestado no territorio español polas súas opinións relixiosas, nin polo exercicio do seu respectivo culto, salvo o respeto devido á moral cristiana. Non se permitirán, nembargantes, outras manifestacións públicas que as da relixión do Estado.»

Inicialmente, os gobernos conservadores plantexaban unha interpretación restritiva, que provocou numerosas protestas de embaixadores estrenxeiros. O debate fixose máis tenso en relación coa ensinanza, esixindo aos bispos a garantía da ensinanza doctrinal, como un dereito recoñecido polo concordato, da supervisión e censura dos contidos da ensinanza, en lugar da función inspectora que correspondía ao Estado.

Tamén se extendeu o conflito na regularización do matrimonio civil, previsto inicialmente, pero sen desenrolo posterior debido á oposición da Igrexa. En novembro de 1886, Alonso Martínez tomou a iniciativa de autorizar o matrimonio para os non católicos. Tras intensas negociacións acadouse un acordo coa Santa Sé, polo que ésta recoñecía ao Estado a potestade de regular os efectos civís do matrimonio.

A sociedade estaba, dividida en varios sectores. Por un lado a tradición que representan os partidos de Cánovas e Sagasta: monárquicos, defensores dun modelo contido de apertura e axenos ao sentir das novas clases sociais, e por outro, os republicanos e nacionalistas: representantes da nova burguesía que non atopa o seu espazo nacional. E noutra banda o proletariado que se agrupará entrorno ao Partido Socialista Obreiro Español e sindicatos como Unión Xeral de Traballadores e Confederación Nacional do Traballo. Todo isto baixo a mirada da Igrexa.

[editar] Os gobernos dende o inicio da restauración até o desastre de 1898

A principal novidade dos sucesivos gobernos da restauración foi o turno pacífico da alternancia entre os partidos dinásticos, mediante o curioso sistema de, en primeiro lugar, realizar a transferencia do poder ao partido contrario que procedía á convocatoria de eleccións que lexitimaran o seu goberno, nunha inversión de orde natural de dito proceso. Para lograr esa alternancia, empregábanse métodos como o encasillado ou o pucherazo.

As primeiras eleccións da Restauración tiveron lugar o 20 de xaneiro de 1876, obtendo a maioría absoluta os conservadores de Cánovas, con 333 escanos. Celebráronse todavía baixo o sistema da Constitución de 1869. Os constitucionalistas, nembargantes, aínda non aceptaban o novo réxime, obtendo 27 escanos.

 Antonio Cánovas del Castillo
Agrandado
Antonio Cánovas del Castillo

O ascenso ao poder do xeneral Martínez Campos levou a unha convocatoria de eleccións para o 20 de abril de 1879 que deu aos liberais-conservadores 293 escanos. Cánovas voltou ao poder en decembro do mesmo ano como resultado da división nas filas conservadoras devido á lei de abolición da esclavitude nas Antillas. Centrou os seus esforzos en lograr unha alternancia estable cos constitucionalistas de Sagasta, que fundou o Partido Liberal Fusionista en marzo de 1880, identificado xa co novo réxime. Accede ao poder o 10 de febreiro de 1881, nun ensaio da alternancia pacífica dos partidos. Disolve as Cortes e convoca novas eleccións, nas que a súa formación obtén 297 escanos.

Sagasta gobernou até o 13 de outubro de 1883, no que deixa paso a un goberno de Posada Herrera, da súa mesma formación política, que finalmente tivo que dimitir pola hostilidade dos propios sagastinos. Encargóuselle goberno a Cánovas que volveu a disolver as Cortes; nos comicios de abril de 1884 a súa formación obtivo 318 deputados. Nestas eleccións, en palabras do deputado José Mª Celleruelo ponse de manifesto o espírito do sistema electoral: "falsificouse a Xunta do Censo; esta falsificou aos interventores; o alcalde falsificou as presidencias das mesas e as mesas, despois de estas gravísimas falsificacións, falsificaron o resultado da elección".

A morte prematura de Alfonso XII o 24 de novembro de 1885 decidiu a Cánovas outorgar o poder ao Partido Liberal, nun acordo de consolidación do réxime que pasaría á historia como Pacto del Pardo, pero que precipitaría a defección do canovismo de un grupo acaudillado por Romero Robledo. O novo goberno de Sagasta, o primeiro da Rexencia, nomeouse o 25 de novembro de 1885, convocando eleccións para o 4 de abril do seguinte ano. Repetíronse as irregularidades xa usuais, logrando que os liberais acadaran 278 escanso, entre eles, por primeira vez, Álvaro de Figueroa, Conde de Romanones (pola provincia de Guadalajara).

O 26 de xuño de 1890, o goberno liberal cambiou a Lei Electoral, restituindo o sufraxio universal para os varóns maiores de 25 anos. Este sistema non supuxo unha variación substancial dos vicios electorais, pero trouxo consigo novas condutas políticas que, a larga, levarían a súa crise e ao seu desmantelamento.

As Cortes LIberais disolvéronse en decembro de 1890, tomando o poder un goberno de Cánovas, que convocou eleccións para febreiro de 1891. Aínda que os métodos empregados polo Ministro de Gobernación, Francisco Sivela, foron algo menos escandalosos que os do seu antecesor Romero Robledo, o Partido Conservados obtiña a maioría, aínda que algo máis escasa que de costume, con 253 actas. Os partidarios da república conseguiron algúns éxitos con 31 escanos.

A unidade dos conservadores tremía, xa sufrira unha desidencia con Romero Robledo, aínda que volvera ao redil. Desta vez, foi Sivela, baixo a bandeira da moralización. A súa saída provocou a dimisión de Cánovas en decembro de 1892, e deixou paso ao terceiro turno liberal.

Sagasta formou goberno, que convocou eleccións o 5 de marzo de 1893, que deron a habitual maioría aos liberais con 281 escanos. A sorpresa dérona os republicanos con 47 escanos, o segundo grupo, superando aos conservadores oficialistas, afectados polos problemas internos.

O conflito de Marrocos e o último acto da crise colonial ultramarina levaron a Sagasta a ceder o poder a Cánovas en marzo de 1895. O dirixente conservador gobernou un ano co apoio da maioría liberal, até as eleccións do 12 de abril de 1896, que se celebraron coa abstención da Unión Republicana de España, dividida tras a morte de Manuel Ruiz Zorrilla, o paso de moitos republicanos ás filas liberais, e a posición dos federalistas de Pi i Margall de apoio á autonomía ou independencia de Cuba. Como novidade presentaronse dúas candidaturas socialistas, aínda que non conseguiron ningunha acta. Como era previsible, a maioría foi para os conservadores, aínda que as magnitudesdas vitorias dos partidos ian decrecendo.

O asasinato de Cánovas, conxuntamente co momento máis crítico da guerra de Cuba, ademáis das represións internas nas filas conservadoras, precipitaron o retorno ao poder de Sagasta, Tras a habitual disolución das Cámaras, as novas eleccións deron unha cómoda maioría aos liberais, con 284 escanos, ante un Partido Conservador que continuaba á deriva tras a desaparición do seu líder, e os desidentes robledistas en pleno declive. A Unión Republicana renunciou ao abstencionismo, aínda que as distensións internas levérona a un pobre resultado.

[editar] A cultura

O desenrolo industrial, a estabilidade institucional e a mellora dos intercambios con outros países europeos, da lugra a pequenos e significativos cambios na cultura española.

A Igrexa Católica, apoiada pola política clásica e dinástica, segue xogando un papel fundamental na cultura de finais do século XIX onde o 65% da poboación española é analfabeta. Nembargantes, comeza a mostrar a súa enerxía o movemento obriro español coa apertura do ateneo e de escolas pupulares, que lles permite aos homes e mulleres ter uns conocementos mínimos.

No arte, na educación e na literatura maniféstase unha apertura das ideas que veñen de máis aló dos Pirineos. O crecemento das grandes cidades, froito da industrialización, da paso a un urbanismo moderno que ten a súa expresión máis destacada no movemento modernista catalán, con Antoni Gaudí á cabeza. Os republicanos, convencidos da importancia da educación no futuro de España, unense entorno ao proxecto da Institución Libre de Ensinanza, con Francisco Giner de los Ríos e Emilio Castellar entre os seus principais aliados. Na literatura, o romanticismo da paso ao realismo con Benito Pérez Galdós, Emilia Pardo Bazán e Leopoldo Alas Clarín como máximos expoñentes.

[editar] América e Europa: Duas miradas diferentes

En Europa prodúcense dúas correntes de desenrolo que afectarán a toda a historia posterior: por unha banda, Gran Bretaña, Francia, Bélxica, os países nórdicos e a Confederación Xermánica proseguen imparables o procesio de industrialización; de outro lado, a Europa meridional e oriental mantén as suas estruturas agrícolas tradicionais. Nos primeiros o liberalismo e a burguesía industrial marcan as pautas de desenrolo; nos segundos segue presente o modelo tradicional de organización política.

España atópase nunha encrucillada na que non terminará por definirse. En Cataluña e Euskadi apréciase a presenza (tímida) da revolución industrial. O resto de España segue unha economía agrícola. Ademáis, as estruturas do poder seguense baseando nos partidos dinásticos, e non nas clases emerxentes.

En América, aparece como gran potencia Estados Unidos, a quen España non prestará atención até que sexa tarde. As antigas colonias españolas acadaron a súa independencia e comezan a depender máis nas súas relacións económicas dos Estados Unidos e Gran Bretaña que da antiga metrópole.

[editar] Do 98 á ditadura de Primo de Rivera

En 1898, dentro dun sistema político bastante estable, aparece de repente a perda de posesións en Cuba, Porto Rico e Filipinas, os únicos territorios españoles en América e Asia, nunha guerra con EE.UU que resultou vergonzosa para toda a sociedade española. Este período coñecese como o do "desastre" e conmocionou a todo o sistema social.

A política de Cánovas fora unha contención frente as demáis potencias, incluidas as emerxentes (EE.UU e Alemaña). A flota española nunca se recuperou da Batalla de Trafalgar e da disposicón a manter as colonias non se correspondía coa capacidade e enerxía necesarias para tal fin.

[editar] A Guerra Hispano-Americana

En Cuba, a insurrección de 1895 con José Martía e Máximo Gómez tratou de ser aplastada nos seus inicios polo xeneral Arsenio Martínez Campos. Nebargantes, o apoio da poboación, incluída a clase media criolla era palpable. O xeneral Valeriano de Weyler substitúe a Martínez Campos, tratando de illar os apoios populares á revolución. En Filipinas, José Rizal, executado polas tropas españolas, comezaba a sublevación en 1896 que proseguiu apesar da Paz de Biac-na-Balto en 1897.

Afundimento do USS Maine
Agrandado
Afundimento do USS Maine

O estourido do buque norteamericano Maine o 15 de febreiro de 1898 desatou a guerra na que a escuadra norteamericana do atlántico atacou Cuba, e a do pacífico dende Hong Kong, fixo o prpio con Filipinas.

O 15 de xullo de 1898 capitulou Santiago de Cuba; o 25 de xullo, Porto Rico; o 14 de agosto capitula Manila, capital de Filipinas. A Paz de París (Tratado de París 1898) asínase o 10 de decembro polo que España cede as súas posesións a EE.UU.

[editar] O rexeneracionismo

  • Véxase o artigo principal Rexeneracionismo

Tras a perda das colonias, en España prodúcense movementos que tratan de superar unha crise que tamén é de identidade. Surxe o denominado Rexeneracionismo, isto é, un proceso através do cal se poden superar os modos e políticas do pasado para atopar un camiño novo en todas as ordes.

En 1902 chega ao trono Alfonso XIII, con Antonio Maura como Xefe de Goberno procurando impulsar unha política de apertura que evitara a temida revolución obreira: eliminación ou atenuación do caciquismo electoral e descentralización administrativa. Pero o exército, doido pola derrota e as fortes críticas da opinión pública tras a guerra, enfróntase co sistema e mantén constantes ameazas hacia o proceso modernizador.

 Benito Pérez Galdós une o seu krausismo inicial ao movimento rexeneracionista
Agrandado
Benito Pérez Galdós une o seu krausismo inicial ao movimento rexeneracionista

O goberno mantén ocupado ao exército an África, en Marrocos, onde comparte con España a colonización con Francia. En 1908 os enfrontamentos coa poboación marroquí fanse máis duros. A Semana Tráxica de Barcelona será a contestación popular ao envío de tropas.

Maura perde o poder e aparecerá o goberno liberal de José Canalejas. Apenas puido tomar algunhas medidas de descentralización, até o seu asasinato en 1912 en mans dun anarquista. Sucédense os goberno do Conde de Romanones e de Eduardo Dato. España decide permanecer neutral na Primeira Guerra Mundial, pero desaproveita económicamente a oportunidade que se lle da para colocarse en posición de privilexio dentro dunha econimía de guerra. Os partidos dinásticos non terminan de encaixar na sociedade civil e o PSOE, os republicanos, os nacionalistas cataláns e os nacionalistas vascos co PNV, representan mellor as aspiracións populares. O ano 1917 é de revoltas: o exército en torno as Xuntas Militares de Defensa nos seus enfrontamentos internos; os republicanos e socialistas alíanse para ofrecer unha alternativa ao sistema político, igualmente os nacionalistas vascos e cataláns, e son suspendidas as garantías constitucionais, a folga revolucionaria de agosto-setembro provoca graves enfrontamentos entre sindicatos e forzas da orde.

[editar] Os gobernos até a ditadura de Primo

A derrota frente aos EE.UU e a perda dos últimos restos do imperio colonial polo Tratado de París, abriron o camiño para unha crítica, máis global que sistemática, da realidade nacional. En este momento aparecen actitudes reformistas incubadas xa con anterioridade ao desastre. Un desexo de cambio ao que non se uniu o réxime político, gravemente erosionado polo seu caracter excluínte, e pola súa incapacidade para integrar ás novas forzas emerxentes, ao fío do proceso de modernización da realidade española.

Intentáronse reformas controladas polo sistema (Maura, Canalejas), fracasadas por non aceptar con franqueza os plantexamentos rexeneracionistas, e non asumir o novo talante democrático que impuña a irrupción das masas na vida pública. A esta impotencia política engadíuselle a crise interna do sistema debida a fragmentación dos partidos de turno, tras a perda dos líderes históricos, Cánovas e Sagasta, respectivamente en 1897 e 1903

Os conservadores tras a retirada de Sivela, encontraron en Maura un líder indiscutible, pero tras a Semana Tráxica de xullo de 1909, asentáronse as bases para unha escisión entre os partidarios de Dato, os mauristas, ademáis de outras faccións máis autoritarias e oportunistas que se agruparon no “ciervismo”. Pola súa parte, os liberais, pareceron atopar un líder en Canalejas, pero a súa morte prematura en 1912 rompería o partido entre os liberais ortodoxos de Romanones e os liberal-demócratas de García Prieto.

Tras o goberno de Sagasta e o seu protagonismo no Desastre, impúxose un cambio de goberno, encargado aos conservadores, presididos pos Sivela. Tras a disolución das Cortes, convócanse eleccións o 16 de abril de 1899, cunha débil intervención do Ministerio da Gobernación, presidido por Dato. Por isto, a maioría gubernamental de 222 escanos, aínda que suficiente, non resultou tan espectacular como de costume, mentras que os liberais, con 93 deputados no sector oficial asinaban o mellor resultado para o partido ao que non lle correspondía o turno de goberno. En este gabinete, os problemas da Facenda Pública, rexentada por Raimundo Fernández Villaverde caracterizaron o tránsito do siglo, e deron ao traste co goberno en outubro de 1900. Tras un goberno ponte do xeneral Azcárraga, Sagasta accedeu, por derradeira vez, á presidencia do goberno. Da maneira habitual, disolvía as Cortes, e convocou eleccións para maiode 1901; obtendo unha atomización moi forte da cámara, se ben os liberais conseguiron un cómodo resultado con 233 escanos. Os republicanos iniciaban unha lenta recuperación, con intentos de renovación maracados pola alianza con Lerroux cos históricos de Salmerón.

Alfonso XIII
Agrandado
Alfonso XIII

O inicio do reinado de Alfonso XIII, que tivo lugar o 17 de maio de 1902, víuse marcado polo ascenso das forzas políticas rexionalistas, obreiristas e republicanas, así como o endurecemento da cuestión anticlerical. Sagasta, o vello lider liberal, deixou o poder o 6 de decembro de 1902, para morrer un mes despois. Foi substituído por un goberno conservador presidido por Sivela, asistido por Antonio Maura no Ministerio da Gobernación. Tras cinco meses de preparativos, nos que Maura comezou unha campaña de desmantelamento das redes caciquiles, que resultou incompleta, as elección celebráronse o 8 de marzo. O resultado foi o da habitual maioría do partido no poder e a leal oposición, con 230 escanos para os conservadores e 93 para os lierais oficiais. Se ben se produciu un avance dos republicanos, 36 deputados, xunto cos rexionalistas e carlistas, con 7 escanos cada un. Estos resultados encheron de rabia a Alfonso XIII, que botou en cara a Maura a súa “honradez electoral”, aínda que manifestaba en público a súa satisfación.

Nos anos posteriores clasificaronse os respecttivos liderazgos dos grandes partidos que segían o turno. Retirado Sivela da presidencia do goberno, a disputa pola súa sucesión entre Fernández Villaverde (presidente até novembro) e Antonio Maura, resolveronse a favor deste útlimo que capitaneou o un goberno conservador até un incidente con xoven rei, que forzou a súa dimisión en decembro de 1904. Tocáballe entón a quenda aos liberais, que accederon ao goberno o 23 de xuño de 1905. Presidiu o executivo Montero Ríos, político supervivinte do Sexenio Democrático, e en realidade cabeza nominal dunha desidencia, encabezada por Segismundo Moret. Nembaragantes, os liberais presentáronse unidos nas eleccións de setembro de 1905, obtendo unha vitoria sen complicacións, con 229 deputados, ante o estancamento dos republicanos e os nacionalistas. Sucéndense así varios e fugaces gobernos liberais (Montero Ríos, Moret, López Domínguez, Vega de Armijo), que mostra a falta de liderazgo, o que levou a ceder o poder a Maura, entón indiscutible xefe conservador, e disposto, en principio, a continuar coa política rexeneracionista xa iniciada en 1904. Nembargantes, as eleccións do 21 de abril de 1907 foron controladas de maneira escandalosa polo Ministro da Gobernación Juán de la Cierva, superando, incluso, os métodos de Romero Robledo. Os conservadores Obtiveron unha abrumadora vitoria con 252 deputados, e esto levou a unha resposta dos liberais como protesta ante os métodos empregados por De la Cierva.

Antonio Maura, durante o denominado “goberno longo”, con intentos renovadores, dispúxose a realizar a súa evolución dende arriba, centrada na culminación de proxectos reformistas como o pleito autonomista catalán e o intento de desmenbración do caciquismo mediante as reformas da Lei Municipal e da Lei electoral. En este último apartado plantexouse realizar unha reforma introducindo o sistema proporcional, ou eliminar as circunscripcións uninominais, proclives ao caciquismo; nembargantes, a nova lei electoral aprobada, introduciu novidades como o voto obrigatorio ou a introdución de algúns métodos para velar pola pureza do proceso, como a constitución das Xuntas do Censo, en esencia non corrixiu as disfuncións do sistema electoral, e incluso, agravounas co tristemente famoso artigo 29, co que resultaban automáticamante electos, sen necesidade de votación, os candidatos que se presentaran en solitario. Esto significou o recoñecemento legal á invertebrada costume do candidato único, en xeral afín ao goberno, e común, sobre todo, nas zonas rurais.

Ademáis da unión de liberais e republicanos na oposición, mediante un bloque de esquerdas, a crecente implicación en Marrocos dexenerou nunha guerra colonial aberta no verán de 1909, e foi a causa do estourido de violencia popular na Semana Tráxica de Barcelona de finais de xullo, devida á mobilización dos reservistas. A presión posterior, incluido o fusilamento de Francisco Ferrer Guardia, fundador da escola anarquista, incitou, no só á condena por parte da opinión pública estranxeira, senón o acoso da oposición até lograr a dimisión de Maura.

Á cabeza do frente antimaurista estivo Segismundo Moret, que obtivo o poder o 22 de outubro, aínda que o rei, negoulle o Derito de Disolución das Cortes, polo que o goberno estivo nunha situación provisional, até que José Canalejas, verdadiero restaurador da unidade do partido liverla, accedeu á Presidencia do Consello de Ministros en febreiro de 1910. Agra si obtivo a disolución, e convocaronse eleccións en maio, cunha peculiar situación de enfrontamento dos dous partidos dinásticos, por vez primeira en toda a Restauración. Os dous partidos, ademáis, presentabanse unidos sen fisuras, con dous líderes fortes, Antonio Maura e José Canalejas. Nembargantes, pola aplicación do artigo 29, o 30% da poboación foi privada de voto, o que beneficiou ao partido no goberno, neste caso o liberal. O partido no goberno obtivo 219 escanos, o menor numero de todas as celebradas, e a oposición conservadora, 102, o mellor resultado para a opsición. Ademáis os republicanos, con 37 escanos, obtiveron un magnífico resultado, presentandose nesta ocasión coaligados cos socialistas que obtiveron, por primeira vez, un escaño que ocupou Pablo Iglesias.

José Canalejas
Agrandado
José Canalejas

Durante o goberno de Canalejas, para evitar o probelma laicista, promulgouse a Lei do candado que proibía a implantación de nosvas ordes relixiosas en España. Tamén se intentou paliar as disfuncións do sistema parlamentario por medio de medidas para rectificar o sistema electoral, realizando para tal fin un proxecto de lei que pretendía reducir o peso dos distritos rurais. Desgraciadamente, estas reformas nunca se levaron a cabo e as contradicións entre o sistema politico-electoral e a realidade socioeconómica foron agravándose cada vez máis.

Tamén o goberno de Canalejas actuou con decisiónno conflito con Marrocos, iniciando negociacións con Francai para delimitar as respectivas zonas de influencia. Nembargantes, en 1912, paralizáronse as obras de renovación iniciadas por Canalejas, polo atentado que acabou coa súa vida o 12 de novembro de 1912.

Tras uns goberno de transición de Manuel Gracía Prieto e do Conde de Romanones, encargóuselle goberno conservador a Eduardo Dato, quen convocou eleccións para marzo de 1914. O artigo 29 segía vixente, polo que o goberno voltou a gañar, aínda que cunha baixada de escanos, 188, que, por primeira vez, non era suficiente para gobernar, se ben a oposición estaba bastante fragmentada. Por isto, o gabinete datista buscou o apoio doutras minorías conservadoras para manterse, de forma inestable, até decembro de 1915. Tras o fracaso, formouse un goberno liberal presidido por Romanones, que convocou eleccións para marzo de 1916, que botaron esta vez a clara maioría liberal, aínda que o 35% dos deputados foron electos sen votación. O sistema está en franca descomposición, o goberno adxudica as maiorías, e reparte os ocos entre as minorías. Os noveis de neopotismo son escandalosos, 54 deputados son familiares das grandes figuras da política, entre eles Romanones tiña ao seu fillo e ao seu xenro. Non resulta extrano que a diferenza entre a España real e a España oficial fose cada vez máis potente e insolidable.

Esgotadas as posibilidades dos liberais, Dato reasume a presidencia, cun clima de crecente conflitividade, devido as reivindicacións catalanas e as contraditorias repercusións socioeconómicas da Gran Guerra; ademáis, súmaselle a oleada revolucionaria do verán de 1917 o que levou a dimisión do gabinete datista. A gravísima crise formouse por un goberno cargado de partidos dinásticos, entre os que se incluiu, por primeira vez, aos catalanistas. O goberno foi presidido por Garcia Prieto, e convocou eleccións en febreiro de 1918, caracterizadas por unha rarísima sinceriadade electoral, o que se traduciu nun resultado incerto. Os liberais foron o gañadores, con 167 escanos, se ben as distensións entre eles facían que a minoría maioritaria foran os conservadores oficiais. Os republicanos continuaron a súa decadencia, se ben esto compensou o auxe dos socialistas e os republicanos reformistas.

Curiosamente, esta sinceridade contribuíu a agravar a crise do sistema, formándose un Goberno Nacional, presidido por Mura, e con presenza de todos os xefes parlamentarios de partidos afíns á monarquía; pero este esforzo só durou 7 meses, debido fundamentalmente ás diferenzas entre estos xefes. Por elo, en xuño de 1919, o novo goberno conservador de Maura tivo que convocar novas eleccións, cunha suspensión das garantías constitucionais. As minorías de esquerda declararon as novas Cortes facciosas. As diferenzas no seno das filas conservadoras levaron a que as novas Cortes foran, se cabe, máis ingobernables todavía, pois aínda que os conservadores foron gañadores, estaban divididos en dúas faccións de similar envergadura. Por elo, tras varios gobernos, de novo foron convocadas eleccións por Dato, en decembro de 1920, onde o goberno recuperou as súas tradicións ortodoxas, acosado polos problemas, e tartando de buscar unha maioría sólida, cousa que logrou, con 232 escanos conservadores, 185 dos cales aliñados cos datistas gubernamentais.

Tras a morte de Dato, en marzo de 1921, sucédense varios gobernos conservadores, impotentes para atallar a descomposición do réxime parlamentarios. Por fin, o goberno liberal de García Prieto, constituído en decembro de 1922, co apoio dos republicanos reformistas de Melquíades Álvarez disolve as Cortes, e convoca en abril de 1923 as derradeiras eleccións do periodo da Restauración. No periódico La voz, presentábase unha estatística de vinculacións familiares dos candidatos: 59 fillos, 14 xenros, 16 sobriños e 24 con outros parentescos relacionados cos fundadores de dinastías políticas, 52 de eles para os conservadores e 61 para os liberais; e esto sen contar os pasantes e protexidos. Ademáis, os candidatos electos en votación, grazas ao artigo 29 batiron o récord con 146 escanos.

Os liberais, en coalición cos reformistas conseguiron 223 escanos, mentras que os conservadores lograron 108, de eles, 81 para os oficialistas de Sánchez Guerra, 16 para os ciervistas e 11 para os mauristas. As críticas do Diario ABC a estas últimas eleccións son un claro exponente do cansazo ao que chegara a opinión pública polas reiteradas manipulacións da vontade popular:

Las elecciones han sido convenidas; casi todos los candidatos de oposición, oficiales y protegidos o consentidos. Se repiten las convocatorias de año en año, o a los dos años las más distantes y, sin embargo, cualquier Gobierno, como se llame o como se pinte, dispone siempre de la mayoría, tan grande como quiera, y aún sin romper la tradición de los convenios. La ficción electoral no tiene pretensiones de finura.

Os proxectos renovadores de García Prieto víronse obstaculizados por numerosos sctores, e polas tentacións autoritarias do rei. No ambiente latía o clima de opinión favorable a unha ditadura.

[editar] A ditadura de Primo de Rivera

 Miguel Primo de Rivera
Agrandado
Miguel Primo de Rivera
 Desembarco español en Alhucemas durante a Guerra do Rif, 1925
Agrandado
Desembarco español en Alhucemas durante a Guerra do Rif, 1925

Co apoio do exército e da burguesía, a ditadura de Primo de Rivera soamente foi contestada polos sindicatos obriros e os republicanos, sendo reprimidas cadansúas protestas pola censura e pola opresión. Creoude un Directorio Militar con nove xenerais e un almirante, a súa finalidade nas súas propias palabras era "poner España en orden" para devolvela despois a mans civís. Suspendeuse a Constitución, disolvéronse os concellos, proibíronse os partidos políticos e creáronse os somatén como milicias urbanas.

Os sistemas democráticos tamén tremían en Europa. O fascsmo implántase en Italia en 1925, en Alemaña fúndase o Partido Nazi, a revolución rusa queda sometida a ditadura de Stalin e os réximes totalitarios alcanzan Portugal e Polonia.

Consciente da importancia de manter ao exército saisfeito, a campaña militar en Marrocos deulle un trunfo na Guerra do Rif co Desembarco de Alhucemas e a rendición de Abd el-Krim en1927. Reprimiuse o sindicalismo da CNT e o Partido Comunista de España recén creado e a ditadura tolerou á UXT e ao PSOE, sempre reticentes, para poder manter certo contacto cos dirixentes obreiros. A burguesía catalana tamén comezou prestándolle o seu apoio. A lexislación social limitou o traballo da muller, construíu vivendas obreiras e instituíu un modelo de formación profesional. Iniciou igualmente unha política de amplas inversións públicas para mellorar as comunicacións (carreteras e ferrocarril), regadíos e enerxía hidráulica.

Estos primeiro éxitos déronlle grande popularidade. Creou a Unión Patriótica como aglutinador de todas as aspiracións políticas, así como a Organización Corporativa Nacional como sindicato vertical ao modelo da Italia fascista, substituíndo en 1925 o Directorio Militar polo Directorio Civil.

Nembargantes, os primeiros apoios foronse volvendo en contra. A burguesía catalana veu frustrados os seus intentso descentralizadores, cunha política máis centralistas que, en materia económica, chegou a favorecer os oligopolios. As condicións de traballo seguían sendo pésimas e a represión sobre os obreiros foi distanciando á UXT do PSOE do proxecto do ditador. A economía mostrouse incapaz de asumir a crise mundial de 1929. En xaneiro de 1930, Primo de Rivera dimite.

Amonarquía, cómplice da ditadura, será o obxecto en cuestión a partires da unión de toda a oposición en agostro de 1930 no chamado Pacto de San Sebastián. Os goberno de Dámaso Berenguer chamado a ditabalnda, e de Juán Bautista Aznar-Cabañas non farán outra cousa máis que alongar a decadencia. Tras as eleccións municipais de 1931, o 14 de abril procámase a Segunda República, dando así fin á restauración borbónica.

[editar] A cultura

A xeneración do 98, término popularizado por Azorín, representa mellor que ningún outro movemento a ruptura da elite intelectual co sistema político. Defraudados coa monarquía, non tardan en defender un novo modelo, dende as letras coo homes como Joaquín Costa, Miguel de Unamuno ou Vicente Blasco Ibáñez quen será moi crítico con Alfonso XIII. Na filosofía o maior exponente será José Ortega y Gasset

A Revista España que fundara Manuel Azaña féchase, Ramón María del Valle-Inclán é sancionado e as universidades sofren ser constantemente fechadas.

Picasso desenrola unha importante obra en París, dándolle ao cubismo pleno sentido e creando unha das súas obras maestras: Las señoritas de Avignon.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu