Rendal, Arzúa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Rendal é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 294 habitantes (149 mulleres e 145 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 342 habitantes.