RENFE
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Renfe (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles) é unha empresa de servicios de transportes ferroviarios de viaxeiros e mercancías en España dependente do Ministerio de Fomento.
A súa orixe ten lugar o 24 de xaneiro de 1941, cando o goberno franquista aprobaba a Lei de Bases de Ordenación Ferroviaria e dos Transportes por Carretera que establecía a nacionalización e o agrupamento nunha sola empresa de todas as compañías de ancho de 1,668 metros que operaban no Estado español: RENFE.
Na actualidade, a liberalización do sector ferroviario comenzou a concretarse coa aprobación, en novembro de 2003, da Lei do Sector Ferroviario. Esta lei, que entrou en vigor en xaneiro de 2005, acabou co monopolio de Renfe no sector do transporte ferroviario. Tamén provocou unha división en Renfe en dúas compañías: Renfe, que se encarga dos servicios de transporte, e ADIF (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), que constrúe novas liñas e explota as infraestructuras.
En Galicia, Renfe ofrece 5 liñas de transporte de pasaxeiros:
- G1: une A Coruña, Santiago, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo
- G2: une Santiago con Ourense e continúa para Puebla de Sanabria
- G3: de Vigo a Monforte de Lemos, pasando por Ourense
- G4: sae de Monforte de Lemos ata Lugo e en Betanzos bifúrcase ben para A Coruña, ben para Ferrol
- R29: de Monforte de Lemos diríxese a León
A liña máis importante probablemente sexa a G1 que recorre o eixo atlántico. Nesta liña ofrecen servizo, xunto con algúns trens algo máis anticuados, os modernos R-598.