Progresistas Vigueses
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Foi un partido político de ámbito municipal vigués liderado por Manoel Soto Ferreiro. Nas eleccións autonómicas de 2001 formou parte da Democracia Progresista Galega e pouco antes das eleccións municipais do 2003 uniuse á Unión Galega de Agustín Arca Fernández. Obtivo 1 concelleiro nas eleccións de 1999 (o propio Manoel Soto) e 2 no 2003 (Manoel Soto e Agustín Arca). Trala morte de Agustín Arca ocupou o seu posto o mariñeiro e patrón de barco Xulio Alonso Vázquez. En 2004 integrouse no Partido Galeguista