Portonovo, Adina, Sanxenxo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Portonovo é unha das tres vilas do concello de Sanxenxo, xunto coas de Vilalonga e Sanxenxo, sendo o núcleo máis poboado do concello. Está situado na parroquia de Adina (Sta. Mª Adina de Portonovo) coa que normalemente se identifica.
Actualmente están integrados, total ou parcialmente no casco urbano da vil os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.
Situado nas coordenadas 42°23’33” N e 8°49’25” O, está delimitado ó oeste pola praia de Paxariñas, limítrofe coa antiga parroquia ou priorato de Arra, hoxe unida á da Adina e ó leste pola praia de Portonovo e a punta do Bicaño, que o separa do núcleo urbano de Sanxenxo. Ademais destas dúas praias conta tamén coa praia de Canelas, ó oeste e a praia de Caneliñas, no centro urbano.
A súa actividade económica baséase historicamente na pesca, con un gremio de mareantes de especial relevancia durante a Idade Media. Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral de toda a comarca. Froito desta gran tradición pesqueira, conta cunha confraría de pescadores, inaugurado no ano 1924 (por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), que na actualidade é unha das máis punteiras das existentes en Galicia, así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa, dotada dun gran nivel de informatización.
[editar] Lugares da parroquia de Adina
Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (provincia de Pontevedra) | |
---|---|
Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña |