Wikipedia:Política e normas:Borrar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Nesta páxina aínda faltan, por agora, algunhas recomendacións.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Excepto para edicións pequenas, por favor use a páxina de discusión para propoñer cambios nestas directrices. |
Na operación diaria da Wikipedia, gran cantidade de artigos se borran cada día. É posible para calquer usuario baleirar unha páxina. Cando iso ocorre o contido orixinal mantense dispoñible no historial de edicións da páxina para que outros usuarios podan recuperalo se así o desexan. Cando as páxinas se borran, iso elimina non só a versión actual senon tamén as versións previas.
Só os administradores teñen a posibilidade de borrar e recuperar páxinas borradas no sistema. Coa versión actual do sistema de borrado (cf meta:deletion management redesign), os administratores necesariamente teñen que sopesar con coidado os efectos da súa decisión. Vostede pode estar seguro de que os administradores seguen o proceso detallado abaixo antes de tomar unha decisión.
As páxinas borradas poden ser recuperadas polos administradores. Se se produce un borrado accidental é relativamente sinxelo restablecer o contido perdido.
Os administradores deben actuar con prudencia sendo conscientes do poder que detentan. En caso de dúbida... non borre!
Índice |
[editar] Procedemento para borrar
Se a páxina non encaixa nas categorías expostas en eliminación rápida, entón non poden borrarse sen antes pasar sete días en Wikipedia:Votacións para borrar.
[editar] Que facer cando hai un problema nunha páxina/imaxe/categoría
Realmente a páxina corresponde a Votacións para borrar? Lea as seguintes dúas táboas para saber que facer cando surxa un problema.
Problema | Solución | Engada este marcador |
---|---|---|
Artigo escrito nunha lingua estranxeira
|
Engadir na lista Wikipedia:Traducir | {{Nongalego}} |
Unha rama menor dun tema que non merece un artigo independente
|
Combinar o contido útil nun artigo máis apropiado e redixir á páxina orixinal | |
Artigos con información repetida en algún outro artigo
|
Combine e redirixa. Se vostede non acaba de saber como facelo, poñao na lista Wikipedia:Artigos duplicados e engada este marcador: | {{Fusión}} [[artigo]]. |
O artigo necesita moitas melloras e traballo de re-escritura | Na lista Wikipedia:Artigos con problemas | |
Dous ou maís temas teñen o mesmo nome
|
Cree unha páxina de homónimos | {{Homónimos}} |
Vandalismo ou erros e inexactitudes
|
Revirta e mencíoneo en Wikipedia:Vandalismo en progreso |
Problema | Solución | Engada este marcador |
---|---|---|
|
Propoñer en Wikipedia:Votacións para borrar | {{Vpb}} |
Definicións de dicionario
|
Na lista Wikipedia:Mover ao Wikcionario | {{Wikt}} |
O artigo e un texto orixinal
|
Mover o texto ao Wikisource. | {{Source}} |
Páxina de usuario inapropiada
|
Fale co usuario e se iso non funciona, volva aquí | |
O artigo está proposta para unha eliminación rápida
. |
Engadir á Categoría:Limpar. Poñendo o marcador na páxina é suficiente. | {{lixo}} ou {{lixo|razón}} |
[editar] Mensaxe "Proposto para borrar"
Cando inclúa unha páxina en Wikipedia:Votacións para borrar, resulta convinte e cortés poñer un aviso para que os usuarios coñezan que está proposta para borra. A forma suxerida é engadir o marcador {{Vpb}} por riba do contido, amósase como segue:
Unha proposta para o borrado desta páxina fíxose na Galipedia.
Esta petición está sendo discutida para acadar un consenso sobre se este é, ou pode ser, un artigo apropiado para a Wikipedia. Por favor vexa a entrada desta páxina na lista de votacións para borrar para máis detalles. Se vostede pensa que non está xustificado polas políticas e normas da Wikipedia vote en contra da súa eliminación. Por favor non quite está mensaxe nin baleire de contido a páxina mentres a proposta está sendo considerada. En todo caso, é benvida toda mellora que poida realizar na edición deste artigo, en especial se consigue correxir os problemas que provocaron que estivera na lista de items a borrar.
E a páxina engádese automaticamente á categroía Borrar.
Con iso se evita que os lectores non sepan o que está sucedendo.
Esta mensaxe non é precisa para páxinas que a) non teñan contido (como unha redirección]), e b) tampouco teñan un historial significativo. Véxase eliminación inmediata para páxinas que non requiran pasar polo proceso Wikipedia:Votacións para borrar.
[editar] Comentar unha proposta de eliminación
Cando calquer usuario propón un artigo para borrar nunha das listas, calquer outro pode engadir un comentario á petición. Ao expresar unha opinión, por favor inclúa a súa opinión, as súas razóns, e asine e poña a data con ~~~~ (están dispoñibles na parte superior e inferior desta caixa de edición). De seguido as palabras que deben comezar os comentarios:
- borrar
- manter
- comentario (non un voto)
- outras (algunha outra acción) como
- redirixir a [[este artigo]]
- combinar con [[este artigo]] e redirixir
- mover ao Wikcionario / Meta / ou outro sitio GFDL
Teña en conta que combinar con [[outro artigo]] e borrar só é unha opción válida se a información do autor do contido se conserva dalgún xeito.
[editar] Política de borrado
Para solicitar que unha páxina (ou imaxe) sexa permanentemente borrada, a petición feita en Wikipedia:Votacións para borrar, e os votos e comentarios sobre a páxina teñen que facerse de boa fe. Ao cabo de sete días, se existe un consenso sólido (en torno a unha maioría de 2/3), a páxina bórrase. En caso contrario a páxina permanece. A páxina tamén permanece se as razóns que fixeron que estivera proposta para suprimir xa non existen.
Se vostede sospeita que un voto procede dun usuario con identidades múltiples ou outro participante non válido, rexístreo como un comentario xunto cos enlaces precisos. O administrador que revise a discusión investigará e decidirá se se toma en conta o voto ou non. Aínda que sexa así non quite vostede ningún voto así evitamos discusións inútiles.
Máis información en: Wikipedia:Normas para administradores sobre borrar.