Partido Socialdemócrata de Albania
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Socialdemócrata de Albania (Partia Socialdemokrate e Shqipërisë en albanés) é un partido político socialdemócrata de Albania, membro da Internacional Socialista.
Fundouse en 1991. Nas eleccións de 2001 obtivo o 3.6% dos votos e 4 parlamentarios e nas eleccións de xullo de 2005 aumentou ata o 12.74% dos votos 7 deputados na Asemblea de Albania.
Dirixe o partido Skënder Gjinushi, que foi ministro de educación entre 1987 e 1991.