Partido Progresista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Progresista foi unha formación política española do século XIX. Surxiu en 1834 como oposición liberal extremista ao réxime da rexente María Cristina de Borbón e foi separándose pouco a pouco tras o inicio da Restauración en España en 1874.
Esta división entre exaltados, veinteañistas ou progresistas e moderados, doceañistas, moderados ou conservadores vai a caracterizar no panorama ideolóxico do século XIX e XX en España. Os progresistas van a ser partidarios da Milicia NAcional, o xurado popular, a soberanía nacional, a ampliación do sufraxio censitario e o laicismo. Pola súa parte, os moderados opoñense a elo e son partidarios da soberanía compartida, as boas relacións coa Igrexa Católica.
Na defensa da monarquía de Isabel II representaban o apoio e o sostén do reinado na medida que serviron á coroa frente ao pretendente Carlos María Isidro de Borbón e en apoio da filla de Fernando VII. A súa situación viuse sempre comprometida entre a contención do carlismo e un apoio a raíña que non ofreceu froitos pola resistencai da mesma e, sobre todo, da súa nai, aos cambios que ofrecía o liberalismo.