Partido Galeguista (2004)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Galeguista actual é un partido político galego de centro que se reclama herdeiro do Partido galeguista de 1931 constituído no ano 2004 con Manuel Soto como secretario xeral e Xabier González como presidente. Autodefínense como a opción política galeguista e dos galeguistas, é dicir: nacionalista, democrática, progresista, europeísta pero conta co rexeitamento de destacados galeguistas históricos como Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, quen considera que o actual PG nada ten que ver co que dirixira Castelao [1].
Entre setembro de 2005 e xuño de 2006 estivo integrado no PG Identidade Galega, formación escindida de Democracia Nacional e que basea a súa acción política na oposición á inmigración. O PG ten previsto presentar candidaturas en 150 concellos nas eleccións municipais de 2007.