Partido Galego do Proletariado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Galego do Proletariado (PGP) foi un partido galego independentista e marxista-leninista formado en 1978 ao adoptar ese nome a Unión do Povo Galego-liña proletaria que se consideraba continuadora da Unión do Povo Galego.
En 1979 Unidade Galega incluíu como candidatos independentes a militantes do PGP nas eleccións municipais, co que o PGP conseguíu tres concelleiros (Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e Vilaboa) Formou a súa propia fronte asemblearia, Galicia Ceibe-OLN e súa fronte armada, a Loita Armada Revolucionaria, o que provocou que en 1980 a policía detivera a varios dirixentes, entre eles Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais tivo unha notable influencia na Confederación Sindical Galega.
O partido deixou de funcionar a finais de 1980