Partido Demócrata Popular
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Demócrata Popular foi un partido español de centro dereita que se fundou en 1977 e que axiña quedou integrado na UCD, en 1982 antes das eleccións xerais os antigos dirixentes deixaron a UCD e refundaron o partido que se presentou ás eleccións en coalición con Alianza Popular.
En 1986 o PDP rompeu os acordos con AP e o seu presidente Óscar Alzaga renunciou ao seu escano, presentouse en solitario ás eleccións municipais de 1987 conseguindo 319.519 votos e 1.520 concelleiros. Nas eleccións europeas tivo 170.866 votos. En 1989 dirixido por Javier Rupérez incorporouse ao Partido Popular.