Partido Alianza Democrática
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Alianza Democrática (Partia Aleanca Demokratike en albanés) é un partido centrista liberal de Albania. Formouse en 1992 como unha escisión encabezada por Neritan Ceka do Partido Democrático de Albania. Formou parte do goberno que encabezou o Partido Socialista de Albania en 1997. Nas eleccións de 2001 conseguiron o 2.4% dos votos e 3 escanos. Nas eleccións de 2005 mantiveron os seus 3 escanos na Asemblea de Albania co 4.76% dos votos.
As súas mocidades reciben o nome de Rinia Liberal Demokrate. O partido forma parte do Partido Europeo Liberal Demócrata e Reformista.