Parágoxe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Parágoxe é a adición dunha vogal "e", non etimolóxica, ó final dunha palabra.
En si é un termo simple, pero que pode dar lugar a realidades que presentan lecturas moi diferentes. Cando somos quen de percibir sincrónicamente a adición desa vogal na fala, consideramos que estamos ante un vulgarismo:
-
- Moito che gusta comere.
No entanto, cando para a captación da mesma podemos desenvolver unha valoración estética, a parágoxe pode converterse nunha licenza poética que posibilita o metro regular e a rima, e que, en casos como este verso de Rosalía de Castro, achega a fala popular:
-
- Todo é folgare.
Á hora de ser representada a parágoxe na escrita, reflíctese na mesma a lingua falada. A única dificultade é cando se engade ese -e final ás palabras rematadas en -n, pois o -n final -o de Xoán, por exemplo- non perde a súa condición de consoante velar, e escríbese co dígrafo nh (Xoanhe).