Panxón, Nigrán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Panxón é o parroquia máis poboada do concello de Nigrán e atópase dentro da comarca do Val Miñor. É unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia. A características máis salientables de Panxón están na súa singular igrexa o Templo Votivo do Mar deseñada polo arquitecto galego Antonio Palacios e as súas multitudinarias fogueiras de S. Xoán que reunen cada ano cerca de mil cincocentas persoas ao redor do fogo fatuo.
Panxón conta con fermosas praias como as de Panxón, Madorra e Patos. Así como reconditos pequenos areais nos acantilados de Monteferro
A praia de Panxón abrangue todo o antigo paseo marítimo dirección Monte Lourido en Praia América Na zona comprendida entre o final do paseo marítimo e a desembocadura do río Muiños está a praia de Canido, nas desaparecidas Dunas de Gaifar. O seguinte tramo de praia dende o río ate Monte Lourido sería Praia América. É un areal de cerca de 2,5 Km de area fina, bordeado por tramos de paseo de madeira de formigon, que vai enlazar co paseo marítimo de Ramallosa, bordeando a costa por Monte Lourido. Outro dos areais que ten Panxón é o da Madorra, que se atopa en dirección a Praia de Patos, xusto no istmo da península de Monteferro. Por último está a praia de Patos. Esta praia está moi frecuentada por afecionados e seguidores do mundo do surf, dado o seu oleaxe provocado pola súa orientación cara már aberto.
A Panxón pertencen os lugares de Patos, O Quinteiro, A Porqueira, Monteferro, O Caranquexo, A Madorra, Sancho
Índice |
[editar] Economía
Actualmente a súa vida está fortemente marcada pola actividade hostaleira ó redor do turismo. A pesca de baixura, restaurantes e inmobiliarias son os principais negocios que nel se asentan.
[editar] Patrimonio
En canto ao patrimonio destacan os restos da igrexa visigótica e o camposanto visigótico. Xusto ao lado érgese o Templo Votivo do Mar ambos situados moi perto do núcleo de poboación. Este último é ademais a igrexa da parroquia de S. Xoán e foi proxectado polo arquitecto Antonio Palacios. En Monteferro érguese un monumento adicado a Virxe do Carmo patrona dos mariñeiros. Este monumento foi erguido por petición mediada a Primo de Rivera o cal inaugurouno no ano ??. Este monumento ten adosados 3 placas conmemorativas aos falecidos nos mar. No centro de Panxón, nunha glorieta podemos atopar o áncora do petroleiro noruego Polycomander, que afundiu fronte as Cies o cinco de maio de 1970.
"Eran las 04,20 horas de la madrugada del 5 de mayo de 1970 cuando sucedió el percance, entrara el barco de arribada al puerto de Vigo, para desembarcar a una camarera enferma, cuando encalló e inmediatamente comenzó a perder crudo por una enorme abertura en su costado... La llamarada en tromba, la humareda del carburante, el crudo derramado sobre el mar constituyeron el dramático espectáculo que podía ser observado desde cualquier punto de la ría de Vigo..." El barco que tenía solamente cinco años de servicio estaba bajo el mando del capitán Alf. Strom-Olsen.
[editar] Natureza e deporte
En Panxón atopamos as praias de Panxón, da Madorra, de Patos e das Canas (ou do Caranquexo). Ademais hai pequenas calas con area, especialmente entre as rochas de Monteferro, onde hai unha zona forestal en man común, que ten o interese de se atopar á beira do mar; e en frente atópanse As Estelas, dúas pequenas illas moi perto da costa.
A actividade deportiva en Panxón está moi ligada ao mar, no club náutico é posíbel aprender windsurf, vela e outras modalidades de deportes mariños. O submarinismo pactícase ao longo da súa costa, principalmente en Monteferro, pero tamén entre as rochas diante da praia de Patos. Nesta mesma praia pódese ver ao longo de todo o ano, pero especialmente no inverno, incluso o día de aninovo, a moita xente nova practicando o surf enriba das fortes ondas que a mollan. Ademáis en Panxón está o pavillón polideportivo de Nigrán, onde se pode practicar fútbol sala, baloncesto, boleibol, etc.
[editar] Parroquias de Nigrán
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán | |
---|---|
Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro) |