Otis Redding
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Otis Ray Redding (Macon, Xeorxia, Estados Unidos de América, 9 de setembro de 1941 – 10 de decembro de 1967) foi un cantante afroamericano de soul, coñecido como o rei do soul; o seu éxito maior foi póstumo, "Sittin' On the Dock of the Bay".
O seu estilo estaba baseado no sentimento sobre todo, seguindo o ronsel da música espiritual negra e nos riffs de metal tomados do jazz, e especial de Count Basie.
Otis Redding morreu nun accidente aéreo. Ademais de escribir os seus propios éxitos tamén escribiu os de Joe Tex, Carla Thomas, Aretha Franklin, King Curtis e moitos outros. A súa influencia foi enorme e en especial foi fundamental no desenvolvemento do jazz-rock.