Organización Revolucionaria de los Trabajadores
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) foi un partido político español marxista-leninista de liña maoísta fundado en 1969 a partir da Acción Sindical de Trabajadores, organización católica. José Sanroma Aldea (camarada Intxausti) foi o seu secretario xeral. A ORT non foi legalizada canda as outras forzas políticas despois da morte de Franco e non puido concorrer co seu nome ás eleccións xerais de 1977 e presentouse co nome de Agrupación Electoral de los Trabajadores. Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como Candidatura de los Trabajadores e conseguiu un concelleiro en Madrid, Paquita Sauquillo. Nese ano fusionouse co Partido del Trabajo de España (PTE) para crear o Partido de los Trabajadores de España, de breve existencia.