Olimpíadas de xadrez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Olimpíadas de Xadrez organízaas cada dous anos a FIDE desde 1927. Antes da Segunda Guerra Mundial celebrouse ocasionalmente anualmente. Houbo tamén ata 1976, unha serie de olimpíadas non oficiais. Aínda que o xadrez non é un deporte olímpico, a FIDE é membro do Comité Olímpico Internacional e en teoría o xadrez podería chegar a ser deporte olímpico, aínda que non parece probable.