O home de Laramie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O home de Laramie | |
Título orixinal | The Man from Laramie |
País | Estados Unidos |
Ano | 1955 |
Duración | 104 min. |
Xenero | Oeste |
Produción | William Goetz |
Dirección | Anthony Mann |
Guión | Thomas T. Flynn |
Fotografía | Charles Lang |
Música | Lester Lee |
Reparto | James stewart Arthur Kennedy Donald Crisp Alex Nicol Cathy O'Donnell Aline MacMahon |
O home de Laramie (The Man from Laramie) é unha película do oeste dirixida por Anthony Mann e protagonizada por James Stewart. Tamén foi a primeira película filmada en cinemascope.
Índice |
[editar] Argumento
Will Lockhart (James Stewart) é un misterioso vaqueiro que chega a Coronado, unha pequena vila de Novo México, coa única obsesión de atopar a persoa que lle vendeu uns rifles ós apaches que causaron a morte do seu irmán. Alí coñecerá ó cacique local, un vello cego chamado Alec Waggoman (Donald Crisp), ó seu despiadado fillo Dave (Alex Nicol) e ó seu fillo adoptivo Vic Hansbro (Arthur Kennedy). A sede de vingaza de Will o levará a un enfrentamento co clan, especialmente con Dave, quen a piques está de causarlle a morte.
Inspirada na obra de William Shakespeare O rei Lear, James Stewart dá vida a un heroe débil e víctima das súas obsesións, moi lonxe do arquetipo de vaqueiro representado por exemplo por John Wayne ou Clint Eastwood. Amais, Mann saca proveito das vantaxes do cinemascope para enfatizar a violencia e dor das personaxes a través da paixase deserta e árida de Novo México.
[editar] Reparto
- James Stewart: Will Lockhart.
- Donald Crisp: Alec Waggoman.
- Alex Nicol: Dave Waggoman.
- Arthur Kennedy: Vic Hansbro.
- Cathy O'Donell: Barbara Waggoman.
- Aline MacMahon: Kate Canady.
- Wallace Ford: Charley O'Leary.
[editar] Trivia
- É a cuarta película de cinco en total que rodan Mann e Stewart xuntos. Antes de O home de Laramie rodaran Winchester 73 (1950), Colorado Jim (1953), Horizontes lonxanos (1952) e Música e bágoas (1954).
- O duelo entre Dave e Will será lembrado coma a escena máis violenta no cine dos conservadores anos 50, causando unha gran controversia pola violencia que desprende a cinta.
[editar] Ligazóns externas
- Reparto compreto (en inglés)