Nova Celandia - New Zealand
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Non ten 1 | |||
Lingua oficial | Inglés, māori, NZSL | ||
Himno nacional | God Defend New Zealand 3 | ||
Capital | Wellington 41º 00' S, 174º 00' E |
||
Goberno - Monarca - Gobernadora xeral - Primeiro ministro |
Democracia parlamentaria Isabel II Dame Silvia Cartwright |
||
Independencia - Recoñecida |
De Reino Unido 26 de setembro de 1907 |
||
Superficie - Total - % auga |
Lugar nº82 268.680 km² 2,1% |
||
Poboación - Total (Ano) - Densidade |
Lugar nº122 4.035.461 15/km² |
||
Moeda | Dólar neozelandés (NZD) | ||
Fuso horario | UTC +12 (DST +13) | ||
Código telefónico | +64 | ||
TLD (Internet) | .nz | ||
Membro de: APEC, ONU, Commonwealth | |||
1 Antigamente Onward (Cara diante). |
Nova Celandia é un país situado no Océano Pacífico sur, ó leste de Australia, composto por dúas illas principais e unha manchea de pequenas illas. A capital é Wellington. A poboación é de orixe europea e aborixes maorís, que denominan ao país Aotearoa.
De Nova Celandia dependen as Illas Cook e Niue e administra Tokelau e a Dependencia de Ross. Pola súa ubicación, pode considerarse que está na antípoda de Galiza.
[editar] Xeografía
Nova Celandia está formada por dúas illas maiores e algunhas illas menores. A Illa Sur é a maior, os Alpes do Sur divídena de norleste a surleste, o punto máis alto é o Monte Cook (3754 m), pero posúe 18 cumios de máis de 3000 m. A Illa Norte é menos montañosa, pero hai presenza de volcáns, o punto máis alto da illa é o Monte Ruapehu (2797 m), un volcán aínda activo. Entre as illas e arquipélagos menores destacan:
- Illa Stewart, situada ao sur da Illa Sur. É a terceira illa en superficie, pero só está habitada por 400 persoas.
- Illa Waiheke, situada no golfo de Huaraki, preto de Auckland, con 7.000 residentes estables.
- Illa Gran Barreira, situada ao leste do golfo de Huaraki.
- Illas Chatham: é un grupo de pequenas illas distantes, conta cunha poboación de 750 habitantes.
A superficie de Nova Celandia é de 270.500 km2, e o país exténdese a máis de 1600 km de norte a sur.
Nova Celandia está relativamente illada xeograficamente, o seu veciño máis próximo, Australia, sitúase a 2.000 km ao noroeste.
O clima é temperado e húmido,a temperatura promedio é de 12º C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que no sur o inverno é rigoroso.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: [[Subdivisións de Nova Celandia]].
Está subdividida en 16 rexións:
- Auckland
- Bay of Plenty
- Canterbury
- Gisborne
- Hawke's Bay
- Manawatu-Wanganui
- Marlborough
- Nelson
- Northland
- Otago
- Southland
- Taranaki
- Tasman
- Waikato
- Wellington
- West Coast
[editar] Historia
Os maorís chegaron a Nova Celandia probablemente entre o 950 e o 1350, substituíndo aos nativos Moriori. Os primeiros exploradores europeos en chegar a Nova Celandia foron o holandés Abel Tasman en11642 e James Cook en 1769.
Países do mundo | Oceanía |
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Nauru | Nova Celandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Quiribati | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu |
Países con parte do seu territorio en Oceanía |
Países semiautónomos e estados libres asociados |