Nicol Abioseh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nicol Abioseh, nado como Davidson Sylvester Hector Willoughby Nicol (Freetown, 1924 - Cambridge, 1994) foi un escritor e diplomático de Serra Leoa.
Estudou en Ibadán (Nixeria) e Cambridge, dirixiu investigacións médica no Reino Unido e voltou a Serra Leoa en 1958, director do Banco de Serra Leoa (1963-1968), vicereitor da Universidade de Serra Leoa (1966-1969) e embaixador na ONU (1969-1971), embaixador no Reino Unido (1971-1972).
[editar] Obras
- Two African Tales, 1965 (relatos)
- The Truly Married Woman, 1965 (relatos)