Muriel Sánchez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Actriz galega nacida en Suíza no ano 1980. Licenciada en Arte Dramática pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, estuda así mesmo canto e piano no Conservatorio Profesional de Música de Madrid. Completa a súa formación como actriz e cantante en Londres, na Central School of Speech and Drama e na Arts Educational School.
Desenvolve a maior parte da súa actividade no ámbito teatral, traballando en obras como Ricardo III, Seis personaxes á procura de autor (ambas co Centro Dramático Galego), “La Gran Vía”, “La muerte y la doncella”, “La ópera de cuatro cuartos”, etc. No sector audiovisual traballa en series de ámbito estatal como “Cuéntame cómo pasó”, da TVE e “El Comisario”, de Telecinco. Durante dúas tempadas protagoniza así mesmo a serie Rías Baixas da TVG.
Actualmente forma parte da Compañía Nacional de Teatro Clásico.