Moviment d'Unificació Marxista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Moviment d'Unificació Marxista foi un patido catalán independentista de esquerdas formado en 1976 por ex-militantes do Partit Socialista d'Alliberament Nacional dels Països Catalans e unha escisión do Front Nacional de Catalunya chamada col.lectiu Combat. Partidario de participar nas primeiras eleccións xerais españolas formou con outros grupos da esquerda a Candidatura d'Unitat Popular cap el Socialisme. En 1978 uniuse co Partit del Treball de Catalunya para formar o Bloc Català de Treballadors. A pesar de reclarmarse unha organización dos países cataláns carecía de infraestrutura fóra de Cataluña.