Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko (MAIB) é unha organización política que ten como finalidade o recoñecemento da autonomía do pobo bubi no seu territorio tradicional de Bioko. As autoridades de Guinea Ecuatorial prohiben calquera actividade deste movemento.
A súa orixe esta na Unión Bubi, que nos tempos da colonización española pretendía unha administración diferente para a illa de Bioko de Río Muni, onde predominaban os fang.
Logo da independencia de Guinea Ecuatorial, case todos os políticos e activistas bubis foron asasinados ou marcharon ao exilio e calquera aspiración de autonomía desapareceu.
O MAIB ten o apoio dos líderes tradicionais bubis e parte da poboación bubi de Bioko e do exilio, localizada sobre todo en España.