Mick Quinn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michael Milton Quinn (nacido o 17 de decembro de 1969 en Oxford) é o baixista da banda de rock inglesa Supergrass.
Ao final da súa adolescencia Quinn tentou sen éxito forxar unha carreira musical. Sen embargo, mentres traballaba nun restaurante fíxose amigo dun compañeiro, Gaz Coombes, o cal presentoulle ao seu amigo Danny Goffey, os cales acababan de deixar a banda local The Jennifers, que tivera un relativo éxito. A pesares de ser sete anos maior, Quinn e Coobes ían ao mesmo colexio (Wheatley Park) e os dous tiñan un interés común pola música. Coombes invitou a Quinn a practicar con el e con Goffey.
En febreiro de 1993 Quinn oficialmente uníuse á banda como baixista, mentres Goffey tocaba a batería e Coombes tocaba a [[guitarra e cantaba. Nacía así Theodore Supergrass, posteriormente Supergrass.