Mary Shelley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mary Wollstonecraft Shelley (Londres, 30 de agosto de 1797 - Londres, 1 de febreiro de 1851) Escritora británica. Filla do filósofo William Godwin e da pedagoga e escritora Mary Wollstonecraft, casada co famoso poeta Romántico Percy Bysshe Shelley. A súa obra principal é Frankenstein, ou o moderno Prometeo pero tamén escribiu outras como O Último home ou Perkin Warbeck.
[editar] Biografía
Mary Shelley naceu en Londres, Inglaterra. Foi a segunda filla dunha famosa feminista chamada Mary Wollstonecraft e dun famoso filósofo liberal William Godwin. A súa nai morreu once días logo do seu nacemento e o seu pai casou pronto de novo. Baixo a súa tutela Mary recibiu unha excelente educación, pouco usual nas mulleres da época. Mary coñeceu a Percy Bysshe Shelley, un político radical e librepensador coma o seu pai. Percy descontento co seu matrimonio, pronto comezou a visitar a Godwin con moita frecuencia. No verán de 1814 el e Mary (con só 16 anos) namoráronse. A parella fuxiu a Francia xunto coa media irmá de Mary, Jane Clairmont un 27 de Xullo. Esta foi a segunda fuxida do poeta, posto que xa con a súa anterior esposa Harriet escapouse facía tres anos. Á súa volta semanas máis tarde, a parella descubriu desencantada que as conviccións de Godwin sobre o amor libre non eran aplicables á súa filla.
Mary atopou consolo nos seus estudos e en Percy, quen sempre sería, malia a desilusión e a traxedia, o amor da súa vida. Percy, tamén, estaba satisfeito coa súa parella neses primeiros anos. Compracíase de que Mary puidese "sentir a poesía e entender a filosofía" - aínda que, como Harriet antes que ela, se opuxese á vontade do seu marido de compartila co seu amigo Thomas Hogg. Mary aprendeu así que a lealdade de Percy cara aos ideais do amor libre entraban en conflito coa procura do "verdadeiro amor", que tanto expresaba nos seus poemas Mary e Percy compartían o gusto polas linguas e a literatura. Gozaban lendo e discutindo libros xuntos, como os clásicos que Percy traera ao seu regreso a Londres ao final do ano. Foi nesta época cando el escribiu Alastor, or The Spirit of Solitude na que se mostra partidario de manter o "doce amor humano".
En mayo de 1816, a parella, xunto con Jane (agora Claire) Clairmont, viaxaron ao lago Geneva para veranear xunto ao famoso e polémico poeta Lord Byron, cuxo recente romance con Claire deixouna preñada e dalgún modo obsesionada con el. En canto a consideracións literarias, foi un verán moi produtivo. Percy empezou a traballar en 'Hymn To Intellectual Beauty e Mont Blanc. Mary, mentres tanto, comezou a traballar na súa propia obra mestra.
Obrigados a permanecer dentro de casa pola condicións climáticas do "Ano sen verán" nunha determinada tarde, un grupo de mozos intelectuais e poetas, inspirados polas historias de pantasmas de 'Fantasmagoriana', decidiron montar unha competición de historias fantasmaóoricas. A un invitado, o Dr. John Polidori, ocorréuselle O Vampiro', que máis tarde converteríase nunha influencia para o Drácula de Bram Stoker.
Outros invitados contaron historias igualmente terrorificas, pero Mary sentiuse incapaz de inventar unha. Esa noite, con todo, tivo un pesadelo no que viu "o pálido estudante de malas artes axeonllado fronte ao ente que acababa de construír." Decidiuse entón a escribir a historia, que máis tarde se publicaría como Frankenstein, ou o moderno Prometeo. O seu éxito sobreviviría a moitas das historias daquela noite.
Mary incorporara varias fontes ao seu traballo, entre outra o mito de Ovidio. A influencia da obra de John Milton O paraíso perdido, é do todo evidente. Mary e Percy eran vexetarianos e acérrimos defensores dos animais. As referencias ao vexetarianismo son constantes na súa obra. Por exemplo, na súa novela, a criatura era vexetariana.