Madame de Pompadour
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jeanne Antoinette Poisson (París, 29 de decembro 1721 – Versalles, 15 de abril 1764), coñecida por se-la amante do rei Luís XV de Francia.
Sospéitase que o seu pai biolóxico era o rico financeiro Le Normant de Tournehem, que se converteu no seu titor cando forzaron ao seu pai oficial a saír do país en 1725 logo dun escándalo e ela viviu coa súa nai e irmá. Muller intelixente e educada, tamén aprendeu bailar, gravar e tocar a guitarra. Casárona en 1741 (á idade de 19) con Charles-Guilaume Le Normant d'Etiolles, sobriño do seu titor. Con el tivo dous nenos, un raparigo que morreu o ano logo do seu nacemento en 1741, e Alexandrine-Jeanne, nacida o 10 de agosto de 1744 e alcumada "Fanfan". Polo seu matrimonio puido frecuentar a corte , onde coñeceu ó rei Luís XV, de quen, a partir de 1745, se converteu en amante.
Logo de divorciar, trasladouse a vivir ó Palacio Real e adquiriu unha considerable influencia política (conseguiu desfacerse dos ministros Orry, Monrepas, Argenson e Machault, e protexeu a Bernis, Choiseul e Soubise), motivo polo cal ese período foi chamado «reinado Pompadour». Foi xenerosa mecenas do saber e das artes e creou a famosa fábrica de porcelana en Sévres. Amiga de Voltaire, favoreceu ós enciclopedistas.