Lusista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Persoa que defende o lusismo, corrente histórica de muitos pensadores galegos acerca da identidade e definición da lingua. Termo xeneralizado a partir dos anos 80, con a introducción do ensino da lingua no ensino público, refere-se a quen usa termos que fican fora da norma promovida oficialmente e coinciden con o portugués de Portugal. Posue às veces un carácter pexorativo.
Actualmente os lusistas utilizan o termo "reintegracionistas" (que queren a reintegración) para as persoas que defenden que o galego e portugués son a mesma lingua e deben por iso escrever-se igual, termo que costuma entender-se como mais abranxente (abranxe mais posicións intermedias).
"Lusista" nese contexto costuma definir aqueles que xa directamente, sen posicion intermedia, abrazan a forma escrita do portugués padrón (standard), ou portugués de Portugal para a sua oralidade galega.
Ós termos sancionados como incorrectos no ensino de galego por seren coincidentes con o portugués de Portugal chámaselles lusismos.