Loureiro (árbore)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Loureiro | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Laurus nobilis | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O loureiro é unha árbore do xénero Laurus da familia botánica das Lauraceae ou lauráceas. É orixinaria do Mediterráneo oriental, varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode atinxir até 20 m de altura. As súas follas son vistosas, coriáceas e con olor moi característico. Por iso son moi usadas en condimentos na culinaria en xeral. O seu froito é do tipo baga e cando está maduro ten cor negra. Alén diso, a madeira desta árbore é de excelente calidade. Hai aínda algunhas propiedades medicinais para reumatismo, estómago, etc.
Na Grecia Antiga as coroas cofeccionadas con ramos de loureiro eran o símbolo da vitoria para os atletas e heroes nacionais. Ese costume tamén se herdou na Roma na época dos Césares. Por iso o termo laureado deriva xustamente do xénero Laurus.