Lingua polisintética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua polisintética é unha lingua na que unha palabra pode estar formada por unha serie de lexemas e morfemas ata tal punto elevada que equivale ao que noutras moitas linguas se enunciaría por medio dun enunciado.
Exemplos de linguas deste tipo son o esquimó e as linguas paleosiberianas.
As linguas polisintéticas opóñense tradicionalmente ás aglutinantes, ás flexivas e ás illantes.