Lingua bretoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico aparentada máis estreitamente ó galés e ó córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña (Breizh) pero que se está a recuperar e/ou implantar en todo o territorio, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.
A lingua bretoa tamén foi falada en Galicia ata o século XV no norde da actual provincia de Lugo (antiga provincia de Mondoñedo) e noutras zonas costeiras de Galicia por mor da importante colonia de bretóns que chegaron no Medievo ó noroeste da Península Ibérica fuxindo dende as Illas Británicas da invasión anglosaxoa. Non se conservan textos escritos en galaico-bretón.
- code ISO 639-1 : br