Letras suplementarias do alfabeto grego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alfabeto grego tal e como se le e escribe hoxe en día é o resultado de moitos séculos de evolución. Con todo non inclúe bastantes letras suplementarias.
En efecto, no correr dos séculos, este alfabeto foise "perfeccionando" (polo desenvolvemento da puntuación, a invención e a regularización do trazado das minúsculas) e adquiriu trazos particulares (como a existencia de variantes contextuais ─ para Σ sigma en minúscula: σ ou ς en fin de palabra ─, ou numerosas ligaturas).
Ao facer isto, letras frecuentes na Antigüidade foron abandonadas cando en -403 un dos alfabetos gregos foi adoptado en Atenas e logo se impuxo de feito no mundo helénico poque a lingua da cidade, base da koiné, non as precisaba. Outros caracteres (trazados secundarios de alugunhas letras e certas ligaturas tipográficas), utilizadas nos manuscritos e logo na imprenta, foron eliminadas entre o século XVIII e XIX, cando se quixo normanlizar a escritura en Grecia.
Esta lista de caracteres "extensos" do alfabeto grego comprende, pois, á vez:
- letras antigas abandonadas tras a adopción do modelo xónico en -403 pero son a miúdo testemuñadas en epigrafía (o seu uso continuou, mutatis mutandis, na numeración alfabética):
-
- digamma: Ϝ ϝ /w/,
-
- san: Ϻ ϻ /s/,
- unha letra propia do bactriano, lingua indoirania escrita en alfabeto grego tras a conquista de Alexandre Magno (tras o século IV antes da nosa era):
-
- sho: Ϸ ϸ /ʃ/,
- grafías secundarias manuscritas antigas (sobre papiro) ou medievais (en manuscritos) útiles para o paleógrafo:
-
- sigma lunar: Ϲ ϲ,
-
- letres arcaicas na súa grafía numérica medieval aínda usada:
-
-
- qoppa: Ϟ ϟ (90),
-
-
-
- sampi: Ϡ ϡ (900),
-
- grafías secundarias tipográficas, entrre elas as ligaturas:
-
- stigma: Ϛ ϛ /st/,
-
- a abreviatura καὶ: ϗ kai « e » (quizais unha antiga ligatura),
- variantes libres dalgunhas letras (sobre todo minusculas) ás veces tiradas de grafías manuscritas cursivas (máis ou menos antigas) ou (disque) propias dos usos tipográficos dalgunhas ciencias (matemáticas, astronomía):
-
- ϐ beta curvado (para β; serve en tipografía francesa do grego como variante contextual ao trazado común), ϵ épsilon lunar e ϶ épsilon lunar invertido (para ε) ϴ e ϑ theta aberto (para Θ e θ), ϖ pi curvado (para π), ϰ kappa cursivo (para κ), ϱ rho cursivo ou curvado (para ρ), ϒ, ϓ e ϔ (para Υ, Ύ e Ϋ), ϕ phi pechado (para φ),
- caracteres utilizados en filoloxía comparada e no estudo diacrónico da lingua grega para transcribir fonemas que non se escribiron:
-
- iode: ϳ /j/ (fonema iode indoeuropeo, a miúdo transcrito como *y). Esta letra non é grega: é un j latino, utilizado con todo en textos en grego para notar o fonema de orixe indoeuropeo *y (en API: [j]). En efecto, o alfabeto grego tal e como se usa agora non permite escribir tal fonema, desaparecido cedo do dialecto grego xónico-ático que legou o modelo de alfabeto aínda en uso actualmente. Así, poderase notar a palabra chipriota ιϳατηραν nunha obra de lingüística ou de epigrafía grega por medio dun artificio filolóxico tal.
Limitámonos ao que Unicode permite codificar (na súa versión 4).