Lei de Verner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En fonética histórica dase o nome de Lei de Verner a un tendencia fonética formulada en 1875 por K. Verner que permitiu completar a lei de Grimm sobre a mutación en xermánico e dar conta de aparentes excepcións a esa lei.
K. Verner demostrou que esas excepcións son regulares se se tomar en conta a posición do acento, dado que a pasaxe das aspiradas xordas do xermánico común ás aspiradas sonoras só ten lugar cando a sílaba precedente leva o acento tonal indo-europeo.
A descoberta desta lei veu apoiar a tese da regularidade das mudanzas fonéticas defendida polos neo-gramáticos.