Lei de Osthoff
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase lei de Osthoff (Hermann Osthoff, 1847-1909, lingüista alemán) un proceso regular de evolución fonética que afecta ao grego antigo, que consiste nunha abreviación de vogais longas baixo certas condicións.
Índice |
[editar] Mecanismos xerais
Toda vogal longa do grego común abréviase ante unha soante ([r], [l], [m], [n], [j], [w]) que preceda a outra consoante, cousa que se podería concretar así: ĀRC > ĂRC (onde A representa calquera vogal).
[editar] Exemplos
Son moitos, sobre todo porque aparecen a miúdo no curso da flexión. Pódese citar por exemplo a desinencia de dativo plural temática (2ª declinación), que é -οις -ois (λόγοις), que provén de *-ωις -ōis, pronunciado /o:js/ e abreviado en /ojs/. Atopamos a cantidade longa inicial en sánscrito: o dativo plural temático é en -āis, sabendo que ā é a evolución regular de ō. O sánscrito coñece sen embargo tamén unha abreviación das vogais longas ante soante, descrita pola Lei de Brugmann.
Algunhas abreviacións están enmascaradas por procesos posteriores, que poden conducir a novos alongamentos.
[editar] Resume
- Extensión da lei: grego común (lei panhelénica);
- cronoloxía: antes da formación dos dialectos, antes da caída das oclusivas finais, despois da caída de [s] intervocálico ou en inicio de palabra, despois de algunhas metáteses;
- efectos (notación abreviada): V [+ cantidade longa] > V [- cantidade longa] / _RC.