LED
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Siglas de Light Emitting Diode (díodo emisor de luz), é un tipo de díodo que ao ser polarizado en directa (é dicir, co polo negativo conectado á zona dopada tipo n) emite unha radiación luminosa.
Índice |
[editar] Principio de funcionamento
O funcionamento dun LED baséase no fenómeno cuántico de emisión espontánea que se ten en determinados materiais semicondutores. Este fenómeno consiste na desexcitación dun electrón nun semicondutor mediante a emisión dun fotón, cunha enerxía (e as correspondentes frecuencia e longura de onda) igual á enerxía de excitación do electrón. Así, nos LED's máis típicos, formados por materiais cun único estado excitado colaborando na emisión de fotóns, a luz emitida é monocromática. Por outra banda, segundo o material co que estean fabricados, terán unha cor ou outra, entendendo por cor física a longura de onda que incluiría ademáis das visibeis as infravermellas.
[editar] Características
O LED é un dispositivo moi duradeiro en comparanza con outras fontes luminosas coma a lámpada incadescente ou o tubo fluorescente, ademáis de presentar un formato moito máis sólido e compacto.
Presenta perdas térmicas moi pequenas en comparanza coa lámpada. O seu principio de funcionamento faino moito máis eficiente na conversión de potencia eléctrica a potencia luminosa.
Presenta un diagrama de emisión lambertiano, isto é, proporcional ao coseno do ángulo coa perpendicular á superficie de emisión. Isto dalle unha direccionalidade da luz emitida só superada polo láser, que facilita enormemente as operacións de enfoque da luz.
E por suposto, como se adiantou, ofrece a posibilidade de emisión monocromática, sen necesidade de filtros nen a perda de enerxía asociada a eles.
[editar] Tecnoloxías
[editar] Aplicacións
[editar] Ver tamén
- Optoelectrónica
- Láser
- Díodo láser
- Díodo
- Electrónica