Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Josef Stalin - Wikipedia

Josef Stalin

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Stalin
Agrandado
Stalin

Josef Vissariónovich (Vissarijonovič) Dzhugashvili (Džugašvili) (en ruso Иосиф Виссарионович Джугашвили, en xeorxiano იოსებ ჯუღაშვილი) (*Gori, Xeorxia, 21 de decembro de 1879 - †5 de marzo de 1953), máis coñecido como Josef Stalin (Иосиф Сталин), político soviético.

Foi o segundo líder da Unión Soviética. Tamén foi coñecido como Koba (nome dun heroe popular de Xeorxia). Empregou varios seudónimos: David, Nijeradzé, Chijikov, Ivanóvich, ata adoptar o de Stalin que empregou despois da Conferencia Bolxevique de Tammerfors (Finlandia). O nome Stalin deriva da palabra rusa stal (aceiro) co mesmo sufixo posesivo persoal in que tamén empregou o seu predecesor Lenin.

Índice

[editar] Inicios Revolucionarios

Stalin e Lenin en 1919
Agrandado
Stalin e Lenin en 1919

Nado en Gori, Xeorxia, ós 15 anos entrou no seminario ortodoxo de Tiflis. Influído polas ideas revolucionarias, en 1898 ingresou no POSDR (Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso). Un ano despois foi expulsado do seminario por realizar propaganda marxista e, a partires de entón, convertiuse nun revolucionario “profesional”. Deportado a Siberia (1903), escapouse ó ano seguinte e uniuse á facción bolxevique do POSDR. Novamente deportado a Siberia (1907-08), volveu escapar.

Enviado a Viena (1913) como emisario do Comité Central para tomar contacto cos grupos bolxeviques do exterior, escribiu alí a súa primeira obra, O marxismo e o problema das nacionalidades.

Elixido membro do Comité Central, participou na Revolución Rusa de 1917 e formou parte do primeiro Goberno de Lenin (novembro de 1917) como comisario das Nacionalidades. Elixido Secretario Xeral do Comité Central (1922), comezou o dominio do aparato do Partido Comunista.

[editar] Goberno de Stalin

Despois da morte de Lenin (1924) acumulou progresivamente a meirande parte dos órganos de dirección política. Fronte á tese de Trotski sobre a Revolución permanente, mantivo as teses de Lenin da Revolución Ininterrompida e, polo tanto, a posibilidade do socialismo nun só país (Acerca dos principios do leninismo, 1924) e canalizou tódolos criterios políticos cara a consolidación do réxime socialista dentro da URSS. Apoiado maioritariamente pola gran masa do Partido, composta polos revolucionarios "do interior" -é dicir aqueles que non se exiliaran nas décadas previas á revolución-, apartou das súas funcións a Trotski, Kamenev e Zinoviev no XV Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (1927).

Conferencia de Yalta, febreiro de 1945
Agrandado
Conferencia de Yalta, febreiro de 1945

En 1928 iniciou un programa de industrialización intensiva e de coletivización da agricultura soviética, impoñendo unha grande reorganización social. Nos anos 30 consolidou a sua posición a través dunha política de modernización da industria. Como arquitecto do sistema político soviético, creou unha poderosa estrutura militar. Mandou prender e deportar opositores, ó mesmo tempo que cultivaba o culto da personalidade como arma ideolóxica. A acción persecutoria de Stalin estendeuse mesmo a territorio estranxeiro, unha vez que o asasinato de Trotski, entón exilado en México é imputado a el. Por máis que Trotski tomase todas as medidas para protexerse de axentes secretos, Ramón Mercader, membro do Partido Comunista Mexicano, conseguiu gañar a confianza do disidente, para executalo cun golpe na cabeza.

Desconfiando de que as reformas económicas que implantara producían descontento entre a poboación, Stalin dedicouse, nos anos 30, a consolidar o seu poder persoal. Tratou de expulsar toda a oposición política. En 1934, Sergei Kirov, principal líder do Partido Comunista en Leningrado(actual San Petersburgo), apareceu morto. Foi o inicio dunha serie de presións que pasaron para a historia coma a "Grande Purga".

Esta deuse no período entre 1934 e 1937 no cual Stalin concedeu un trato duro a todos os que tramasen contra o estado soviético. Entre as vítimas máis destacadas desta acción, estaba o Exército Vermello: parte dos seus oficiais e membros de maior importancia foi presa, inclusive trece dos quince xenerais do exército. Entre estes, Mikhail Tukhachevsky foi unha das súas máis famosas vítimas. Sofreu a acusación de ser axente do servizo secreto alemán. Tukhachevsky foi executado, alén de deportar a moitos outros para Siberia. Con iso foi enfraquecido o comando militar soviético.

[editar] O Pacto Ribbentrop-Molotov

O 23 de agosto de 1939, asinou con Hitler un pacto de non-agresión, que recibiu o nome dos ministros de exteriores alemán e soviético. Stalin esperaba gañar tempo e reorganizar a forza industrial-militar da cal a Unión Soviética non podería prescindir con vistas a un enfrontamento coa Alemaña nazi que para algúns sempre fora inevitable. E Hitler estaba ansioso por evitar un enfrontamento inmediato cos soviéticos, pois naquel momento ía ocuparse de Gran Bretaña e Francia. Mais a invasión da Unión Soviética polas forzas alemás, en 1941, levouno a aliarse ó Reino Unido e ós Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial. Baixo a súa forte direción, o exército soviético conseguiu facer recuar ós invasores — non sen perdas humanas terribles — e ocupar terras na Europa Oriental, contribuíndo decisivamente para a derrota da Alemaña nazi.

Os seus críticos, como Lev Trotski, denunciaron o pacto co goberno nazi como unha traición imperdonable e un máis dos crimes do stalinismo contra o movemento obreiro internacional. O stalinismo sempre considerou unha xenial manobra de Stalin argumentando que impediu o avance nazi, gañando tempo, o que lle permitiu vencer a Segunda Guerra Mundial.

Coa súa esfera de influenza alongada á metade oriental de Europa, nos chamados Estados Obreiros, Stalin foi unha persoa chave da posguerra. Dominando países como a República Democrática Alemá, Checoslovaquia e Romanía, estableceu a hexemonía soviética no Bloque do Leste e rivalizou cos Estados Unidos na lideranza do mundo.

[editar] A Morte de Stalin

Stalin no Kremlin
Agrandado
Stalin no Kremlin

O 5 de marzo de 1953, Stalin faleceu de hemorraxia cerebral feito que, segundo moitos, ainda merece unha profunda investigación. O seu corpo ficou exposto no mesmo salón que Lenin até o 20º Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética, realizado o febreiro de 1956, no cal Nikita Kruschev, o seu sucesor, denunciou no chamado "relatorio secreto" as prácticas stalinistas, particularmente o chamado "culto á personalidade". Despois do 20º Congreso, o corpo de Stalin foi enterrado fóra dos muros do Kremlin, sendo o túmulo máis visitado alí.

[editar] Familia

Stalin coa súa filla Svetlana, en 1935. Svetlana fuxiu a Estados Unidos en 1967. Actualmente vive en Wisconsin
Agrandado
Stalin coa súa filla Svetlana, en 1935. Svetlana fuxiu a Estados Unidos en 1967. Actualmente vive en Wisconsin

A primeira muller de Stalin, Ekaterina Svanidze, morreu en 1907, tres anos despois do seu matrimonio. Tiveron xuntos un fillo, Yakov Dzhugashvili, co que rachou a relación posteriormente.

O seu fillo intentou suicidarse, sen éxito, sufrindo graves feridas. Yakov formou parte do Exército Vermello e foi capturado polas tropas alemás. Alemaña ofreceu a Stalin intercambialo por un xeneral alemán, ó que Stalin non accedeu. Yakov morreu oficialmente electrocutado, intentando escapar do campo de concentración.

A segunda muller de Stalin foi Nadezhda Alliluyeva, que morreu en 1932. A causa oficial da súa morte é unha grave enfermidade. Xuntos tiveron un fillo (Vassili Dzhugashvili) e unha filla (Svetlana Dzhugashvili). Vassili conseguiu rangos militares na Forza Aérea Soviética, morrendo a causa do alcol en 1962. Svetlana abandonou a URSS en 1967, regresando décadas máis tarde.

A nai de Stalin morreu en 1937. Stalin non asistiu ó seu funeral. Afírmase que Stalin gardaba rancor á súa nai por obrigarlle a ingresar no seminario.

[editar] Véxase tamén

Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas

Segue a:
Vladimir Lenin
Josef Stalin
(1922-1953)

Precede a:
Gueorgui Malenkov
Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética


Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu