John Chadwick
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(21 de maio de 1920 - 24 de novembro de 1998) Lingüísta e erudito clásico inglés, famoso pola súa contribución ao desciframento do Lineal B xunto con Michael Ventris.
Naceu en Londres e estudiou na St Paul's School e no Corpus Christi College, Cambridge servindo como oficial na Armada Real durante a Segunda Guerra Mundial.
Despois da guerra casou e traballou no equipo do Oxford Classical Dictionary e obtivo un lectorado en clásicas en Cambridge desde 1952. Ese mesmo ano empezou a traballar con Ventris no progresivo desciframento do Lineal B, redactando os dous Documents in Mycenean Greek en 1956 tras un controvertido primeiro artigo tres anos antes. Os coñecementos filolóxicos de Chadwick foron aplicados á teoría inicial de Ventris de que o lineal B era unha forma arcaica de grego e non outra lingua mediterránea.
Despois da morte de Ventris Chadwick convertiuse na única figura que traballaba no lineal B, escribindo o popular libro The Decipherment of Linear B en 1958 e revisando Documents in Mycenean Greek en 1978.
Retirouse en 1984. Pero continou cos seus traballos ata a súa morte, como membro activo de distintas prestixiosas sociedades internacionais e escribindo numerosos artigos de divulgación e acdémicos.
[editar] Publicacións
- John Chadwick: The Decipherment of Linear B Second edition (1990). Cambridge UP, 1958, ISBN 0521398304
- John Chadwick: The Mycenaean World, Cambridge UP, 1976, ISBN 0521290376
- Michael Ventris and John Chadwick: Documents in Mycenaean Greek, Second edition (1974). Cambridge UP, 1956, ISBN 0521085586
[editar] Ver tamén
- Lineal B, grego micénico, Grecia micénica
- Michael Ventris