Johan Cruyff
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johan Cruyff | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Hendrik Johannes Cruijff | ||
Alcume: | O fraco | ||
Data de nacemento: | 25 de abril de 1947 | ||
Lugar de nacemento: | Amsterdam, Países Baixos | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | |||
Posición: | Dianteiro | ||
Altura: | 1,78 metros | ||
Partidos internacionais: | 48 | ||
Goles: | 33 (Holanda), 190 (Ajax Amsterdam), 48 (FC Barcelona), 14 (Los Angeles Aztecs), 12 (Washington Diplomats), 2 (Levante UD), 14 (Ajax Amsterdam), 11 (Feyenoord) | ||
Ano do debut: | 1964 | ||
Clube do debut: | Ajax Amsterdam | ||
Ano do retiro: | 1984 | ||
Clube do retiro: | Feyenoord |
Johan Cruyff "O fraco" é o máximo exponente Fútbolístico da Holanda dos anos 70, aquela selección coñecida como a "Laranxa mecánica". Ademáis é un dos considerados mellores xogadores da historia: Di Stéfano nos anos 50, Pelé nos 60, Cruyff nos 70 e Maradona nos anos 80.
Á idade de 16 anos entra no Ajax, o clube co que conseguiría os seus máis grandes éxitos (3 Copas de Europa), e comeza a asombrar a todo o mundo coa súa depuradísima técnica, velocidade, visión do xogo e carácter.
No Mundial de Alemaña, en 1974 Holanda consegue o subcampeonato tras facer unha auténtica demostración de xogo en todo o torneo. Foi a única participación de Cruyff nun campionato do mundo e en certa medida unha decepción, xa que case todo o mundo daba por suposto que Holanda remataría como vencedora.
Tras pasar polo FC Barcelona, Cosmos, Levante e Feyenoord entre outros, retírase coma xogador.
Entre o seu palmarés cabe destacar:
- 7 Ligas holandeses có Ajax (66, 67, 68, 70, 72, 73 e 83)
- 1 Liga holandesa có Feyenoord (84)
- 1 Liga española có Barcelona (74)
- 5 Copas holandeses có Ajax (67, 70, 71, 72 e 83)
- 1 Copa holandesa có Feyenoord (84)
- 1 Copa de España có Barcelona (78)
- 3 Copas de Europa có Ajax (71, 72 e 73)
- 1 Copa Intercontinental có Ajax (72)
- 1 Supercopa de Europa có Ajax (72)
- 3 Balóns de Ouro en 1971, 73 e 74
- 1 Balon de Bronce no 1975
- Subcampeón do mundo coa Holanda no 1974
Mención aparte merece o seu traballo coma adestrador, dándolle ós seus equipos un estilo moi similar á selección Holandesa dos anos 70. Aquí destaca unha Copa de Europa, lograda co F.C. Barcelona en 1992.