Iode
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iode, Yod, yud ou mesmo yodh (י, pronunciada /j/) é a décima letra do alfabeto hebreo. Procede dunha letra do alfabeto fenicio.
En fenicio como en hebreo, esta letra representa unha consoante (API [j]) pero no iota (Ι, ι) do alfabeto grego (saído do fecinio), representa sempre a vogal /i/ (pois o fonema /j/ desaparecera da lingua, pero non o son [j]). É digno de mención que o derivado latino, a letra I, servise aos romanos para notar á vez /i/ e /j/.
O seu valor numérico é 10.