Interlingua (tradutoloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Esta páxina trata sobre o concepto de interlingua tal e como se usa en tradutoloxía. Para outros usos, vexa interlingua.
En tradutoloxía, chámaselle interlingua a aquela que serve de intermediaria na tradución e máis habitualmente na interpretación: cando as traducións dende chinés de poemas se fixeron a traverso das versións portuguesas de Fernando Pessoa, converteuse a lingua portuguesa nunha interlingua. É habitual cando as dúas linguas finais teñen poucos contactos culturais: será máis habitual o uso dunha interlingua entre bengalí e caxubo ca entre galego e francés (o exemplo está moi buscado a propósito: o bengalí é unha das linguas máis faladas do mundo).