Identificación biométrica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A biometría é o estudo de métodos automáticos para o recoñecemento único de humanos baseado nun ou máis rasgos conductuais ou físicos intrínsecos. O termo derívase das palabras gregas "bios" (vida), e "metron" (medida).
A "Biometría Informática" é a aplicación de técnicas matemáticas i estadísticas sobre os rasgos físicos ou conductuais dun individuo, para verificar identidades.
Nas tecnoloxías da información (TI), a identificación biométrica refírese ás tecnoloxías para medir e analizar as características físicas e do comportamento humanas co propósito de autentificación.
As pegadas dactilares, a retina, o iris, os patróns faciais, de veas da man ou a xeometría da palma da man, representan exemplos de características físicas (estáticas). Entre os exemplos de características do comportamento inclúese a sinatura, o paso ou a dinámica de tecleo (dinámicas). A voz considérase unha mistura de características físicas e do comportamento, pero todos os rasgos biométricos comparten aspectos físicos e do comportamento.
En xeral, a identificación por ADN non está considerada, todavía, como unha tecnoloxía biométrica de recoñecemento, principalmente por non ser aínda un proceso automatizado (tardase algunhas horas en levar a cabo unha identificación por ADN).
Índice |
[editar] Historia
A biometría non se puxo en práctica nas culturas occidentais ate finais do século XIX, pero era utilizada en China dende, cando menos, o século XIV. Un explorador e escritor chamado Joao de Barros escribiu que os comerciantes chineses estampaban as impresións e as pegadas da palma da man dos nenos en papel con tinta. Os comerciantes facían esto como método para distinguir entre os nenos e os xoves. Tamén hai quen afirma que os orixes da biometría se remotan aínda máis alá, tendo en conta que no antigo Exipto, os traballadores das pirámides tiñan que identificarse, ademáis de polo seu nome, por algúns rasgos físicos, como a estatura, a complexión ou os rasgos faciais; o que pode considerarse como un primeiro sistema de identificación biométrica.
En Occidente, a identificación confiaba simplemente na memoría fotográfica ate que Alphonse Bertillon, xefe do departamento fotográfico da Policía de París, desenrolou o sistema antropométrico (tamén coñecido máis tarde como Bertillonage) en 1883. Éste era o primeiro sistema preciso, ampliamente utilizado científicamente para identificar a criminais e converteu á biométrica nun campo de estudo. Funcionaba medindo de forma precisa certas lonxitudes e anchuras da cabeza e do corpo, así como rexistrando marcas individuais como tatuaxes e cicatrices. O sistema de Bertillon foi adoptado exténsamente en occidente ate que apareceron defectos no sistema - principalmente problemas con métodos distintos de medidas e cambios de medida. Despois de isto, as forzas policiais occidentais comezaron a usar a pegada dactilar - esencialmente o mesmo sistema visto en China centos de anos antes.
[editar] Industria biométrica
A chegada dos métodos de identificación biométrica ás empresas chega ata os anos 60 do século XX, cando os irmáns Miller de Nova Jersey desenrolan un dispositivo que medía automáticamente as pegadas dactilares. A verificación por voz e o recoñecemento automático da sinatura foron desenrolados durante os anos 60 e 70, e non foi ate o 1985 cando comezan a aparecer os primeiros sistemas de identificación de retina.
O uso destas tecnoloxías medra tímidamente ate o ano 2001, ano no que se producen os atentados do 11 de setembro. A partir desa data, a crecente preocupación pola seguridade fai que o ritmo implantación de sistemas de identificación de individuos se multiplique, e apareza a biometría en cada vez máis ámbitos.
[editar] Funcionamento e rendemento
[editar] Pasos clave
O funcionamento dun sistema de identificación biométrica divídese en dúas fases:
- Rexistro do usuario: O novo usuario do sistema ten que rexistrar os seus datos biométricos, que logo serán utilizados para verificar a súa identidade. O proceso pasa polas seguintes fases:
- Captura: adquisición dunha mostra biométrica (unha ou máis das súas características físicas ou conductuais);
- Extracción: conversión da mostra a un formato intermedio;
- Creación dun patrón: Conversión do formato intermedio nun patrón que será almacenado informáticamente.
- Validación da identidade: O sistema comproba a identidade do usuario.
- Captura dos datos: No momento de validar a súa identidade, o usuario introduce no sistema a súa información biométrica, do mesmo xeito que cando se rexistrou no sistema.
- Comparación: O sistema compara o patrón almacenado co patrón que acaba de obter, e calcula a probabilidade de que as dúas mostras pertenzan á mesma persoa.
- Validación: En función da configuración do sistema, a probabilidade será suficiente para concluír que as mostras pertencen á mesma persoa ou non. Un umbral máis restrictivo, diminuirá o número de falsos positivos, pero aumentará o número de falsos negativos. Pola contra, un umbral máis baixo, fará que aumente o número de falsos positivos, baixando os falsos negativos.
[editar] Taxa de erro
O rendemento dunha medida biométrica defínese xeneralmente en termos de taxa de falso positivo (False Acceptance Rate ou FAR), a taxa de falso negativo (False NonMatch Rate ou FNMR), e o erro de taxa de alistamento (Failure-to-enroll Rate, FTR ou FER).
Nos sistemas biométricos reais o FAR e o FRR poden transformarse nos demáis cambiando certo parámetro. Unha das medidas máis comúns dos sistemas biométricos reais é a taxa na que o axuste no cal acepta e rexeita os erros é igual: a taxa de erro igual (Equal Error Rate ou EER), tamén coñecida como a taxa de erro de cruce (Cross-over Error Rate ou CER). Canto máis baixo é o EER ou o CER, considérase que o sistema é máis exacto.
As taxas de erro anunciadas implican a veces elementos idiosincrásicos ou subxectivos. Por exemplo, un fabricante de sistemas biométricos fixou o umbral de aceptación alto, para reducir ó mínimo as falsas aceptacións; na práctica, permitíanse tres intentos, polo que un falso rechazo se contaba soamente si os tres intentos resultaban fallidos (por exemplo escritura, fala, etc.), as opinións poden variar sobre que constitue un falso rechazo. Si entreno a un sistema de verificación de sinaturas usando a miña inicial e apelido, ¿podo decir lexítimamente que se trata de un falso rechazo cando rexeite o meu nome e apelidos?
A pesar destas dúbidas, os sistemas biométricos teñen un potencial para identificar a individuos cun grao de certeza moi alto.
[editar] Sistemas biométricos
[editar] Táboa comparativa
O que segue a continuación é unha táboa na que se recollen as diferentes características dos principais sistemas biométricos:
Iris | Retina | Pegadas dactilares | Xeometría da man | Sinatura | Voz | Recoñecemento da cara | Tecleo | Veas das mans | |
Fiabilidade [1] | Moi alta | Moi alta | Alta | Alta | Alta | Alta | Media | Baixa | Moi alta |
Facilidade de uso | Alta | Baixa | Alta | Media | Alta | Alta | --- | Alta | --- |
Prevención de ataques | Moi alta | Moi alta | Alta | Alta | Media | Media | --- | --- | --- |
Aceptación | Media | Baixa | Media | Alta | Moi alta | Alta | Media | --- | --- |
Permanencia [2] | Moi Alta | Moi Alta | Alta | Media | Media | Baixa | --- | --- | --- |
Tempo de espera | Baixo | --- | Baixo | Alto | --- | Alto | Alto | Alto | --- |
Custo | Alto | Alto | Baixo | Baixo | Alto | Baixo | Alto | Baixo | Medio |
Universalidade [3] | Alta | Alta | Media | Media | Baixa | Baixa | Alta | Baixa | Media |
[editar] Obtención da mostra
A obtención dunha mostra pode ser feita de forma voluntaria/consciente (co coñecemento e consentimento da persoa), ou de forma involuntaria/inconsciente. Esta última ocorre cando a mostra se obten a partir das pegadas dixitais latentes, que son as impresións que deixa a persoa nas superficies que toca cos dedos. Cando se pretenden empregar as pegadas latentes para verificar que pertencen a un determinado individuo, teñen que ser realzadas usando, por exemplo, un pó especial.
[editar] Estándares asociados a tecnoloxías biométricas
Nos últimos anos nótase unha preocupación crecente polas organizacións regulatorias respecto a elaborar estándares relativos ó uso de técnicas biométricas no ambiente informático. Esta preocupación é reflexo do crecente interese industrial por este ámbito tecnolóxico, e dos múltiples benefecios que aporta o seu uso. A pesar delo, aínda a estandarización continúa sendo deficiente, e como resultado delo, os fornecedores de solucións biométricas continúan suministrando interfaces de software propietarios para os seus productos, o que dificulta ás empresas o cambio de producto ou vendedor.
A nivel mundial o principal organismo que coordina as actividades de estandarización biométrica é o Sub-Comité 37 (SC37) do Joint Technical Committee on Information Technology (ISO/IEC JTC1), do International Organization for Standardization (ISO) e o International Electrontechnical Comission (IEC).
Nos Estados Unidos desempeñan un papel similar o Comité Técnico M1 do INCITS (InterNational Committee for Information Technology Standards), o Biometric Interoperability, Performance, and Assurance Working Group [1], National Institute of Standards and Technology (NIST) e o American National Standards Institute (ANSI).
Existen ademáis outros organismos non gubernamentais impulsando iniciativas en materias biométricas tales como: o Biometrics Consortium, a The Biometric Foundation, a International Biometric Industry Association (IBIA) e BioAPI (este último composto polas empresas Bioscrypt, Compaq, Iridiam, Infineon, NIST, Saflink e Unisis).
Os estándares máis importantes son:
Estándar ANSI X.9.84 Estándar creado no ano 2001, pola ANSI (American National Standards Institute) e actualizado o 2003, define as condicións dos sistemas biométricos para a industria de servizos financieiros facendo referencia á transimisión e almacenamento seguro da información biométrica, e á seguridade do hardware asociado.
Estándar ANSI / INCITS 358 Estándar creado o ano 2002 por ANSI e BioApi Consortium, que presenta unha interfaz de programación de aplicación que garante que os productos e sistemas que cumplen este estándar son interoperables entre sí.
Estándar NISTIR 6529 Tamén coñecido como CBEFF (Common Biometric Exchange File Format) é un estándar creado en 1999 por NIST e Biometrics Consortium que propón un formato estandarizado (estructura lóxica de arquivos de datos) para o intercambio de información biométrica.
[editar] Cuestións e preocupacións
Como con moitos progresos tecnolóxicos interesantes e de gran alcance, as excesivas dúbidas no referente á biometría poden eclipsar a unha crítica máis xeneral. A biometría pode chegar a asociarse con abortos severos da xustiza si o bedazzlement co funcionamento da tecnoloxía non nos permite ver as seguintes posibilidades, onde un individuo poderá:
- colocar ADN na escena do crime
- asociar a identidade de alguén coas características biométricas de outro, roubando a súa identidade sen levantar sospeitas
- enganar a un detector de pegadas dixitais usando un anaco de cinta adhesiva coa pegada dixital de outra persoa
- enganar a un sistema de recoñecemento de iris mostrándolle unha foto de outro iris
- modificar a interface entre o dispositivo biométrico e o sistema informático, facendo que unha mensaxe de erro se convirta nunha de aceptación
[editar] Roubos de identidade
Os roubos de identidade usando sistemas biométricos aínda non están resoltos. A miudo, as tecnoloxías biométricas desenrolaronse sen as suficientes garantías de seguridade.
[editar] Privacidade
Aínda que os sistemas biométricos a miudo son vistos como un xeito de loitar contra a criminalidade, os defensores da privacidade temen que os sistemas de identificación biométrica poidan ser empregados para reducir as liberdades persoais de toda a cidadanía.
Os avances en video dixital, infravermellos, raios-x, tecnoloxías de posicionamento por satélite, scaneado de imaxes, recoñecemento de voz, e outras tecnoloxías de identificación biométrica, permiten que os gobernos conten con novas formas de buscar individuos, e de recolectar bastas bases de datos de información acerca da cidadanía.
[editar] Preocupacións sociais
Segundo avanza a tecnoloxía, e o tempo pasa, cada vez máis empresas i entidades públicas utilizan sistemas de identificación biométrica para conseguir unha identificación segura e fiable. Nembargantes, estos avances levantan moitas preocupacións na sociedade, onde moita xente non está acostumada aos novos métodos de identificación. Estes son algúns dos exemplos de puntos que preocupan á sociedade:
- Físicas- Algúns creen que estas tecnoloxías poden causar danos físicos ás persoas que usan estas novas tecnoloxías. Por exemplo, existe un rexeitamento xeneralizado aos scánneres de retina, por preocupacións
- Información persoal- Existen preocupacións acerca dos posibles usos que se poden facer da nosa información persoal, tomada a través de sistemas de identificación biométrica. Preocupa que poida ser alterada sen autorización, vendida, roubada, ou que poida os datos obtidos poidan ser empregados sen o consentimento dos usuarios.
Os medos frente ao uso de sistemas biométricos, continuarán na sociedade durante un tempo. Cando a cidadanía esté máis familiarizada co seu uso, e conforme os métodos sexan adoptados por un maior número de institucións, estes medos irán desaparecendo paulatinamente.
[editar] Usos e iniciativas
[editar] Brasil
Dende os comezos do século XX, os cidadáns brasileiros usan documentos de identidade. A escolla do goberno brasileiro pola pegada dactilar foi feita polo Dr. Felix Pacheco en Rio de Janeiro, no tempo no que era a capital da república federal. O Dr. Felix Pacheco foi amigo do Dr. Juan Vucetich que inventou un dos sistemas de clasificación das pegadas máis completo. O sistema Vucetich foi adoptado en Brasil e pola maioría dos países sudamericanos. O antigo Instituto de Documentos de Identidade (Instituto Felix Pacheco) foi integrado no sistema civil e criminal AFIS durante 1999.
Cada estado federado do Brasil ten as competencias para crear os seus propios documentos de identidade, pero o deseño e os datos son os mesmos para todos eles. Os documentos de identidade impresos en Rio de Janerio están completamente dixitalizados e poden ser comparados contra o seu propietario sen necesidade de ningún dispositivo adicional, gracias ao lector de código de barras que inclúe, que inclúe unha foto en color, sinatura, dúas pegadas dixitais e datos do cidadán. Esta tecnoloxía foi desenvolvida no 2000 co obxectivo de proveer máis seguridade aos documentos de identidade brasileiros.
[editar] Canada
Canada introduciu os sistemas de identificación biométrica recentemente no uso dos pasaportes coa axuda de fotografías dixitalizadas. Os pasaportes conteñen un chip que contén unha fotografía da persoa, e información persoal como o nome ou a data de nacemento.
Esta tecnoloxía está sendo usada nas alfándegas que dispoñen de lectores electrónicos capaces de ler o chip das tarxetas, e verificar a información presente na tarxeta e no pasaporte. Este metodo permite o aumento da eficiencia e fiabilidade á hora de identificar ás persoas nas aduanas. CANPASS, de Canada Customs, esta sendo usado actualmente por algúns dos maiores aeroportos que contan con casetas preparadas para tomar fotografías dixitais do ollo dunha persoa como método de identificación.
[editar] Situación do mercado
Segundo o informe[4] publicado en xaneiro do 2006 polo International Biometrics Group, o mercado está distribuido do seguinte xeito:
Tecnoloxía | Cota de mercado |
Pegada dactilar | 44 % |
Recoñecemento da cara | 19 % |
Software | 11 % |
Xeometría da man | 9 % |
Iris | 7 % |
Voz | 4 % |
Outros | 4 % |
Sinatura | 2 % |
As previsións de facturación, en millóns de dólares, e segundo o mesmo informe, son as seguintes:
Ano | Facturación[5] |
2005 | 1.539 |
2006 | 2.176 |
2007 | 3.011 |
2008 | 3.848 |
2009 | 4.705 |
2010 | 5.749 |
[editar] Notas
- ↑ Fiabilidade: como de ben distingue o método entre dúas persoas?
- ↑ Permanencia: o método mantén a súa efectividade ó pasar os anos?
- ↑ Universalidade: describe como de común é o rasgo entre a poboación
- ↑ Biometrics Market and Industry Report 2006-2010
- ↑ En millóns de dólares
[editar] Referencias
- A Brief History of Biometrics Retrieved March 19, 2005.
- Ashborn, Julian. "Guide to Biometrics". Springer Professional Computing. 1st edition. 2004
[editar] Ligazóns externas
- RMCybernetics, Home Automation & Biometrics, Science and more
- Avanti, an independent non-profit web resource for biometrics
- Open Directory listing of biometrics sites
- The Biometric Consortium
- International Biometrics Group