Henri Becquerel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antoine Henri Becquerel ( 15 de decembro de 1852 - 25 de agosto de 1908 ), físico francés. En 1896, un ano despois do descubrimiento dos raios X por Röntgen, Becquerel descubriu accidentalmente a radiactividade mentres investigaba a fosforescencia cun cristal dun composto de uranio.
O experimento consistía en envolver unha placa fotográfica xunto cunha cruz feita de cobre cun papel negro, a mostra da sal de uranio poñíase sobre a placa (Becquerel probou con varias sales, incluída a pechblenda que producía un efecto máis potente) e todo iso expoñíase á luz solar. Ao revelar a placa parecía que os raios emitidos pola sal atravesaban o papel. Víase un área exposta na que se distinguía o perfil branco da cruz. Días máis tarde do primeiro experimento, o tempo non era favorable. Como a luz solar era escasa Becquerel gardou a placa nun caixón. Cando revelou a placa, observou unha imaxe intensa que non podía proceder da fosforescencia. Repetiu o experimento na oscuridade total e obtivo os mesmos resultados, probando que a sal de uranio emitía raios que afectaban á emulsión fotográfica, sen necesidade de ser exposta á luz. Marie Curie tempo despois chamou a iso radiactividade. En 1903 Becquerel recibiu o premio nobel de física xunto con Pierre Curie e Marie Curie por ese decubrimento.